Fran LaREo elabora unha manda para Isaac Díaz Pardo

Un gaiteiro para Isaac
Díaz Pardo
(autor: Fran LaREo)
FrAn LaREo confeccionou con man artista e certeira unha fermosa peza escultórica para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo.

Un gaiteiro para Issac Díaz Pardo, título da obra confeccionada ex professo para esta ocasión, vén a ser un modelado policromado que emprega distintos tipos de minerais. No obradoiro ou laboratorio de FrAn LaREo (Santa Minia de Brión) traballouse esta peza cuxas características son as seguintes: 2 kg de peso, e 27 X 14 X 9 cm de dimensións.

Comentarios do escultor

Gaiteiro de Sargadelos
Velaquí unhas reflexións do propio escultor:

"Un gaiteiro para Isaac Díaz Pardo. Sabido é que o intelectual galeguista e polifacético artista Isaac Díaz Pardo deseñou moitas pezas, entre elas algún gaiteiro, todo un símbolo para nós. Sirva este gaiteiro un pouco ao meu estilo e imaxinando unha forma de gaitero, dandolle unha volta máis a esa gaita e gaitero da nosa Galiza".

FrAn LaREo




Vista d'Un gaiteiro para Isaac Díaz Pardo
(autor: Fran LaREo)

Outra vista d'Un gaiteiro para Isaac Díaz Pardo
(autor: Fran LaREo)

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños