Xornadas da Terra: Avelino, Isaac, Celso B. García...

Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo nas Xornadas da Terra
(2008 - foto facilitada por Celso B. García)

Hai case trece anos Isaac Díaz Pardo e Avelino Pousa Antelo participan no concello das Pontes de García Rodríguez nas "Xornadas da Terra". 

Estas, organizadas pola Asociación Sociocultural Niño do Azor e a Irmandade As Pontes-Lenseven-Carmarthen, celébranse o 18 de abril de 2008 na Casa Dopeso, casa da cultura e de usos múltiples localizada nese municipio coruñés. Foron presentados, Isaac e Avelino, como superviventes da barbarie fascista de 1936, e abofé que foi, e testemuño que deron ao longo da súa vida, avalados polas súas palabras e moitísimos feitos.


Esta manda, a xeito de recordatorio, envíanola Celso B. García sen moitos datos máis que un recorte de xornal que acredita o sinalado e tres fotografías de varias persoas presentes cabo dos protagonistas, e entre outros tamén o crego e amigo Afonso Blanco Torrado (da Asociación Cultural Xermolos da Terra Cha). 

Velaquí fica esta información que agradecemos ao propio Celso B. García co desexo de que continúe a divulgar memoria, compromiso e cultura. Beizóns!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Xoán Andrade, Isaac Díaz Pardo e o Laboratorio de Formas

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños