Ela-Galiza, El-Isaac e a cerámica de Mónica Montero

El (peza cerámica de Mónica Montero)

Mónica Montero é profesora de ensino secundario no IES Leliadoura de Ribeira, mais dende sempre, como ela indica, "pinto, modelo, ilustro, debuxo, invento, estribillo, deseño...". E aclara que "estribillar" para ela é facer todo o tempo cousas de dubidosa utilidade. Pois ela sempre argalla algunha cousa e pretender elaborar algún proxecto creativo ("é unha conduta compulsiva, non podo evitalo"). 

Comezou a asistir ao Obradoiro de Cerámica Raposinhas, do que sinala que "está a facer un labor moi interesante e imporante na zona da Barbanza".

Mónica entrega dúas pezas: unha titulada Ela e outra El.

Pezas antes de seren cocidas (obra de Mónica Montero)

"Ela leva unha Galiza imaxinaria na cachola, con elementos alusivos ao tamén fantástico Lugrís (a serea, o faro ou a balea). É a Galiza que moitas persoas levamos no corazón: unha Galiza utópica, social, ecolóxica e cultural. A Galiza que moitas e moitos buscamos e que só poderemos atopar dentro de nós, como escribía Manuel María nos seus versos".

Ela (peza cerámica de Mónica Montero)

Por outra banda, "El é Isaac o soñador. Na súa cachola, un laboratorio de formas. Vangarda e tradición da man. Presente, pasado e futuro dun país na procura da súa identidade".

El (peza cerámica de Mónica Montero)

Velaquí estas dúas pezas tan ben ataviadas, provistas dun discurso útil e necesario, dunhas reflexións explicativas que a propia autora soubo achegar de xeito atinado. Agradecemos a súa colabroación neste proxecto de da Alentro Esbravexo á figura de Díaz Pardo, pero que igualmente tivese o detalle de nos amosar o proceso creativo de tan interesantes pezas.

El-Isaac, Ela-Galiza (pezas de Mónica Montero)

Beizóns


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Xoán Andrade, Isaac Díaz Pardo e o Laboratorio de Formas

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños