Manuel Fragoso, Isaac e os aliens na cidade que soñaba co ceo

Aliens na cidade que soñaba co ceo (obra de Manuel Fragoso)

Manolo Fragoso conta cunha longa traxectoria como ilustrador de obras literarias e como artista. As súas imaxes podemos velas en editoriais como Xerais, Galaxia, Fervenza, Vía Láctea... e así mesmo en publicacións periódicas como Faro de Vigo e A Nosa Terra. Non podemos esquecer aquelas que aparecen en obras da Universidad de Alcalá de Henares. 

Mostras artísticas de Manuel Fragoso realizáronse en Caixa Pontevedra, nas bienais de Pontevedra e Lalín, en Sargadelos (Santiago), en diversas entidades bancarias e en museos como o Ramón Aller (Lalín).

No que atinxe a coleccións privadas, as súas obras espállanse por Reino Unido, Suíza, Catalunya, Andalucía, Galiza...

Aínda que conta con diversos estilos (ou épocas), a súa obra pode partir do azaroso ao totalmente deseñado, do lúdico á rigorosidade dunha peza surrealista. A combinación de cores, por veces, tende ao fauvismo, polo que xeralmente nunca deixa de sorprender ao espectador. Pero niso tamén ten moito que ver o seu carácter transgresor, a súa orixinalidade expositiva e as fantasiosas explicacións que sempre achega á súa obra. De cualificalo cun único concepto, dende o Alento Esbravexo diríamos que é "imaxinación pura e dura".

Para colaborar na homenaxe popular que dende este colectivo dispensamos a Isaac Díaz Pardo, Fragoso entrega unha obra que titula Aliens na cidade que soñaba co ceo. Está elaborada en tinta chinesa e acuarela, cunhas dimensións de 18 por 25 centímetros. Velaquí queda esta estampa de múltiples lecturas e útil para ávidos lectores de imaxes.

Aliens na cidade que soñaba co ceo (obra de Manuel Fragoso)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños