Para Isaac Díaz Pardo e de parte de Bruno Lopes

Isaac Díaz Pardo, património da Galiza (obra de Bruno Lopes)

Pois ben fermosa é a imaxe coa que nos agasalla Bruno Lopes Teixeiro. Realmente trátase dunha polícroma imaxe de Isaac Díaz Pardo, elaborada de xeito dixital e que combina trazos fríos con outros máis cálidos. Deste xeito que a obra colle maior forza visual, impacta expresivamente no ollar da persoa que observa. 

Isaac aparece co seu característico sorriso e, diante del, unha pancarta ábrese co nome do homenaxeado. Ademais engade, con rotundidade, un feito claro, que o noso Isaac é "Património da Galiza". Na imaxe, xa dicimos que moi fermosa, aparece un símbolo xeométrico daqueles que o mestre de Sargadelos empregaba para as súas vaixelas... Velaquí unha icona máis que axuda a manter vivo o facho dunha das persoas máis xenerosas que naceu no noso país. 

O autor desta marabilla, ademais de elaborar realidades plásticas tan impactantes como a que se amosa, tamén escribe en diversos medios. Así, a Bruno Lopes lémolo nas páxinas de Nós Diario ou Sermos Galiza. 

Beizóns, saúde e beleza!

Isaac Díaz Pardo, património da Galiza (obra de Bruno Lopes)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños

Loli Suárez e un café con Isaac

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!