Manda de Paco Casal para Isaac Díaz Pardo
Ninguén pode discutir que Paco ten un espazo reservado na historia da arte galega, como tampouco podomos ignorar que viste acotío de bonhomina, sinxeleza e xenialidade.
Gusta diso, de ser grande no mundo arte e ser sinxelo no trato, de ser un corazón deitado diante do mar e dunha man que se estende para amosar unha obra creada para a emoción. Dentro dese océano creativo, logo que tocarmos dende o Alento Esbravexo a buguina de chegada a porto, Paco Casal ofrece unha súa obra para relembrar a Isaac Díaz Pardo. Trátase dun acrílico sobre táboa, cunhas dimensións de 40 X 40 centímetros, no que se perciben nunha paisaxe montañosa varias pezas deseñadas por Xosé Vizoso. Esta obra xa fora exhibida na Sala Sargadelos de Boiro, mais hoxe pendurámola de novo na galería dos recordos, na galería reservada para persoas boas e xenerosas como Isaac Díaz Pardo. Ben haxa, Paco!
Comentarios
Publicar un comentario