A manda do Grupo Galos para Isaac Díaz Pardo

Pomba a Isaac Díaz Pardo
(Grupo Galos)
Dentro das empresas cerámicas recoñecidas pola súa ligazón coa terra galega está o grupo Galos. As súas pezas reproducen os nosos costumes populares, as nosas xentes, incluso as nosas crenzas e lugares. Cheas de colorido son todas elas; cheas de simbolismo, boa parte... Pero na totalidade elabóranse co material que sae da terra, feitas con motivos da Nosa Terra e distinadas a todas aquelas persoas que, de non ser deste noso recuncho do mundo, si sabe amalo. 

Testemuño dese amor é a peza que o grupo Galos elabora para conmemorar o aniversario do nacemento de Isaac Díaz Pardo: unha pomba da paz. 

Os responsábeis desta creación indícano deste xeito: "En homenaxe a Isaac Díaz Pardo creamos esta figura de porcelana, representativa da paz, amor e liberdade, conceptos que ao longo da traxectoria creativa e industrial deste gran artista sempre foron plasmados na súa obra".

Comentarios

  1. Grazas a Galos, Regal e Cerámica da Ulla por recoñecer a orixe, ese traballo de Isaac que abriu as portas a outras empresas máis grandes ou máis pequenas.
    Seguir esa estela de creatividade propia de Galicia, utilizar a nosa lingua envolvendo os produtos é o que realmente engade valor e non ir buscar fóra o que nos sobra na casa.
    Grazas!!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños