Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

Pepe Carreiro, Isaac Díaz Pardo e cara a onde imos...

Imaxe
Estampa de Pepe Carreiro Para moitos e moitas de nós Pepe Carreiro é unha referencia no eido da ilustración en Galiza. Ninguén coma el soubo entregarlle ás crianzas unha literatura que amosou (e amosa) o país dende distintas visións: a historia, a lingua, o respecto ao medio ambiente, a antropoloxía, os costumes, o urbanismo... Porque Os Bolechas , sen dúbida, marcaron a milleiros de cativas e cativos galegos (e incluso a persoas adultas coma nós). Se gustamos de analizar con certo detalle este proxecto nado hai uns 21 anos, coidamos que máis de 150 títulos saíron nesta colección, ademais de vertérense dende o galego a idiomas como o éuscaro, o castelán, o asturiano e o portugués. Alén diso, que para nada é pouco (senón un mundo), leva a parte gráfica de Edicións Laiovento, unha das editoras que ten lanzado obras interesantísimas e necesarias no eido -sobre todo- do ensaio, e incluso da tradución de obras do pensamento universal.  Fundador da revista satírica XO! e da de humor titulad

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños

Imaxe
Véxote... (peza de Ana de Vilatuxe) Das terras de Lalín vén a manda de hoxe, unha manda elaborada por unha das compoñentes do Alento Esbravexo, de aí que o que se poida dicir dela sempre vai saber a pouco. Chámase Ana Iglesias Otero, mais para todo o mundo é Ana de Vilatuxe: nas súas costas gusta de levar o estandarte das orixes e da palabra versificada en celeste. Véxote...   (peza de Ana de Vilatuxe) Ana é unha persoa arteira e artista, pois tanto lle dá á costura coma á creatividade téxtil, tanto lle dá á recompilación de expresións tipicamente galegas como a redactar textos marabillosos coma este que acompaña á súa obra. Digamos que entre outras afeccións está a de ser "coleccionista de palabras". Día tras día, e coma unha verdadeira Penélope, ía tecendo ideas para homenaxear a Isaac. Logo volvía destecelas e de novo ganduxaba outra. Creaba e derrubaba as súas pezas nunha catarse creativa, cíclica, en ziczac, como cando se pican as lapelas das chaquetas de bo xenero ou d

José Luís Rial Varela, Isaac e os refugallos

Imaxe
Obra de José Luís Rial Varela Temos visto ao longo deste proxecto -e que está a piques de rematar- unha restra de persoas que reutilizan diversos materiais para convertelos en pezas artísticas, ou que aproveitan louza e figuras de Sargadelos para, con respecto, darlles unha outra vida. Así xorden novos elementos artísticos e incluso xoias da man destes "rescatadores", teimudos á hora de tratar como se merecen as pezas orixinarias e asignarlles unha nova vida. Obra de José Luís Rial Varela Aínda que non emprega tales materiais, José Luís Rial Varela, compostelán de nacenza (concretamente do lugar de Figueiras) é un mecánico automobilista de profesión que en tempos de lecer compón pezas dignas de aplauso. Así, de todo iso que é considerado lixo, tantas veces mesturado en aceites, lubricantes, po e con recendos que excitan a pituitaria, Rial crea beleza. Con aceiro, latón e restos varios, así como co que parece un engrane, foi quen de erguer unha árbore en cuxas pólas repousan d

Manuel Ayaso, Díaz Pardo e a cerámica

Imaxe
Convidamos hoxe á mesa redonda das amizades de Isaac Díaz Pardo a Manuel Ayaso Dios, un artista do Barbanza formado en Estados Unidos. Segundo a información que nos facilita Eme Cartea, " dende a escola pública de Aguiño pasa a estudar na Lafayette Street School en Newark (New Jersey), na Arts High School de Newark e logo en The New Jersey School of Fine and Industrial Arts, tamén en Newark. Posúe diversas distincións, como a Comfort Tiffany Foundation Grant , a Childe Hassam Award , a Paleta de Plata de ARGA (Asociación de Artistas Plásticos Galegos) e o Premio Barbantia da Cultura Galega ... ". Non hai moito puidemos visitar a súa última mostra exposta no Museo do Gravado de Artes (Ribeira), onde máis de 150 estampas ilustran a Metamorfose de Kafka. Alí certificamos as súas impresionantes figuras -tantas veces de liñas "goyescas"-, ás veces obsesivamente dispostas unhas ao carón das outras, o que nos fai lembrar a Picasso ou incluso ao Bosco, nunha combinación e

Paola García Paz, Isaac Díaz Pardo e o verán de 1985

Imaxe
Peza cerámica de Paola García Paz Paola García Paz convídanos hoxe a contemplar unha súa escultura que serve para facer memoria de Isaac Díaz Pardo. A autora é licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e coautora con Eme Cartea de Poemas equinos (2018). Numerosas son as exposición colectivas nas que ten participado así como aquelas que monta de xeito individual, polo que as súas pezas son contempladas en Boiro, Compostela, Lousame, Ribeira, Rianxo, Madrid, Salamanca... Lembra Eme Cartea que participa no verán de 1985 na XIV Experiencia Tecnolóxica e Escola Libre organizada polo Laboratorio de Formas (Sargadelos). Nese paraíso para a investigación cerámica (e plástica en xeral) coincide con artistas de diversos puntos do mundo, e dende alí realizan excursións, evidentemente traballos cerámicos, imparte e escoitan conferencias etc. Nunha ocasión foron visitala o seu pai e a súa nai, e lembremos que el era un grande amigo de Isaac Díaz Pardo, como o foi de tantos

Víctor Rivas e un retrato para Isaac

Imaxe
Isaac Díaz Pardo (por Víctor Rivas) Víctor Rivas é un dos ilustradores galegos máis recoñecidos no panorama internacional, con imaxes que oscilan dende a sinxeleza e o traballo das superficies até a lámina ateigada de miles de detalles e con certas pinceladas fantasiosas, onde combina a vitalidade de personaxes con caveiras e seres deste mundo. O alén e o aquén reúnense nunha lámina de celulosa con marco neobarroco. Así e todo, crea iconas vinculadas coa nación galega, actualizándoas e, ademais, facéndoas atractivas para públicos ben diversos. Curiosamente das caveiras e dos esqueletos consegue tenrura, con independencia de certa intriga... pois con fascinación -e outros ollos- fainos contemplar eses seres que engarzan coa nosa tradición, coa mitoloxía e co culto á morte (tan enraizado en pobos como o noso). Animados polas ánimas e as láminas, mastigamos palabras e imaxes de xeito voraz.  Isaac Díaz Pardo  (debuxo de Víctor Rivas) As estampas, nesta liña, semellan vitorianas ou, mello

Pezas para a lembranza de Isaac elaboradas por Domingo Regueira

Imaxe
Detalle de Arte Pandémica (obra de Domingo Regueira) Domingo Regueira publica hoxe a súa colaboración nesta espazo d'Unha manda de pezas para Isaac. Aínda que moitas persoas do Alento admiramos gran parte da súa obra, varios en particular somos fanáticos dos seus "Borranchos", pezas cargadas de movemento e personalidade.  Arte Pandémica (obra de Domingo Regueira) Mais, como está a ser un costume nesta etapa do proxecto que estamos a desenvolver, cedémoslle a palabra e a letra a un verdadeiro embaixador da cultura do Barbanza, estámonos a referir a Manuel Cartea. Velaquí os atinados apuntamentos biográficos que entrega sobre Domingo Regueira. "Domingo Regueira, natural de Palmeira. Estuda bacharelato e Arte na Escola de Artes Aplicadas da Coruña. Exerce como decorador e deseñador e, máis tarde, como profesor no colexio Hijas de Cristo Rey , de Oleiros. Logo, como autónomo, monta en Ribeira Esdudio20 : rotulación, deseño gráfico, serigrafía etc. Pero a pintura e o d

Pepa Dios, A Arousa e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
  Bandoleira de Pepa Dios "Son Pepa Dios, nada na Illa da Arousa, onde actualmente resido", achega a autora da manda de hoxe. E boa sorte é ser nada no paraíso e nadar dentro del. Boa fortuna resulta residir ao pé do Atlántico onde toda a luz se converte en estímulo e o mar en acuarela.  "Dende que deixín a escola dedícome á costura, o meu medio de vida. No meu tempo libre boto man da lectura". Amais diso elabora obras fabulosas, a maior parte vinculadas ao mundo téxtil, por iso a autora desta manda sinala o seguinte: "desenvólvome entre fíos e farrapos", ao que se lle debería engadir "como peixe na auga". Pepa Dios entrega unha bandoleira, riscada por cores brillantes, con moita luz, e cuxo pecho é unha peza de Sargadelos. Esa doa cerámica serve de botón ou, como dicían as nosas avoas, de forma... Pois botarlle as formas a unha camisa non era outra cousa que "pegarlle os botóns". A orixe da palabra quizais puidese vir do seu aspecto, p

Xulio Gil, Isaac Díaz Pardo e un díptico de imaxes

Imaxe
Díptico (obra de Xulio Gil) Nado en Ourense, licenciado en matemáticas e docente durante décadas, Xulio Gil Recibe o Premio da Crítica de Galicia das Artes Plásticas de 2013. Del, como xa ten acontecido noutras ocasións, falaranos Manuel Cartea (presidente da Asociación Cultural Barbantia), a quen agradecemos paralelamente a súa desinteresada colaboración. Isto é o que achega de Xulio Gil. Comeza a súa andaina como fotógrafo no ano 1976 cunha exposición na Praza da Princesa de Vigo. Dende entón ten exposto en salas e museos de toda Galicia, e mesmo en Portugal e Alemaña, nomeadamente retratos, espidos e antropoloxía. Ten publicacións en colaboración con Xela Arias, Carlos Casares e Xosé Luís Méndez Ferrin, así como traballos moi variados para Xuntanza Editorial, Hércules Edicións, Nova Galicia Edicións, A Nosa Terra e Editorial Engaiolarte. Xulio Gil conta unha anécdota con Isaac Díaz Pardo, que mostra a súa total sensibilidade coas modernas formas musicais. Anécdota con Isaac : no ver

Francisco J. González Piñeiro, Isaac e a Terra

Imaxe
Ti es ... é o título co que rotula Francisco Javier González Piñeiro, un vigués que reside no Montouto (Compostela) dende hai tres lustros, a súa manda para lembrar a Isaac Díaz Pardo. O autor escribe dende os trece anos e, dende que chegou a Pandemia, retomou a escrita pois -di el- que é o único que sabe facer, " xuntar palabras e sentimentos ". Dubidamos que sexa o único, pois ganduxar palabras, en certo xeito tamén é facer poesía, tecer historia, comprometerse coa Terra, desa que fala na súa manda e que identifica -sen miraxes e espellos- na propia figura de Isaac. Velaquí un texto para ler, pousadamente, mentres as espirais sexadas ao remexer un café nos trasladan aos labirintos cerámicos de Isaac. Ti es... Dende a altura dos teus ollos, por enriba da maña e o que queda das túas pegadas, máis alá da propia vida, fostes Terra da Terra, traballo que fixo do teu sorriso e esforzo: Galiza. E pra min ti es o meu pais, o meu acento, a herdanza do que significou o amor á Terra

Araceli Guillán, Isaac Díaz Pardo, as ilustracións e os meigallos

Imaxe
Ilustración de Araceli Guillán Dopico Araceli Guillán Dopico deseña, debuxa e pinta que é unha marabilla. Pouco coñecemos dela. E aínda que nós mandou unha ilustración para honrar a Isaac Díaz Pardo, esta tamén loce na cabeceira do seu valado de facebook. Está composta por varios colgantes de Sargadelos que penduran do pescozo dunha muller retratada (anónima e sen faciana). As cores neutras (grises e negros) dominan na lámina, mais contrastan tamén con outras vistosas (vermello, malva, amarelos con verdes)...  Porén, para escorrentar os meigallos e outros feitizos, as faladurías e os falabaratos, resaltan as xeometrías das figas, do escarabellán, da espiral, da gradicela atlántica (non só é unha estrela), do furamán, do curuxán, do cornapecho, do catríscele celta de Elviña... Xa case, con estas palabras, creamos un esconxuro de vez. Se arraiara, se arraiara, todas as meigas levara. Xa arraiou, xa arraio, todas as meigas levou. Peladas eran, peladas eran, todas as meigas que andan pola

Ricardo Dávila. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
A fuxida do home cara á nada (obra de Ricardo Dávila) Hoxe, dende a Barbanza chega unha fermosa peza elaborada por Ricardo Dávila. Mais desta volta, para falar do autor e da súa obra, cedémoslle moi gustosamente a palabra a Manuel Cartea. Velaquí os seus comentarios e atinadas análises. No Muíño Vello, entre A Pobra do Caramiñal e Palmeira, nace Ricardo Dávila. Un prolífico artista arraiano que, dende os murais de temática galeguista feitos na Coruña na década dos 60 até as escultopinturas policromadas en madeira de oliveira ( ready-mades ), Ricardo ten pasado por deseños abstractos ao xeito de Henry Moore, por volumes ocos alla maniera di Bárbara Hepworth, por pezas que lembran o brutalismo de Leiro ou De la Vega. Vive e traballa en Málaga pero os últimos traballos realizados na comarca do Barbanza, á parte de dúas exposicións de escultura en madeira na Raquel Fernández Soler da Pobra, son a escultura de Santa Gema para a igrexa de San Xián de Artes, o monumental “Labrego” para o Cen

Xosé Luís Veiras Manteiga, Isaac e o rexurdimento cerámico galego

Imaxe
Isaac (obra de Xosé Luís Veiras Manteiga) Pertence ao colectivo artístico francés aaa53 , pois no país galo reside dende 1974 até 2001. En Francia expón as súas obras en numerosas villes e villages bretoas de Naoned , Roazhon (en francés Nantes e Rennes, respectivamente), Château-Gontier, Saint-Barthélemy-d'Anjou, Allonnes... Entre outros recoñecementos conta con Grand Prix du Salon de Château-Gontier (1986), o Grand Prix du Salon de Ernée (1987) e o Prix du Salon Vitrée-Salon Sable (1988). Amais disto as súas obras foron penduradas en Compostela, A Coruña, Noia, Pontevedra, Vigo, Porto do Son, sen esquecernos doutras cidades peninsulares (Albacete, Plasencia, Madrid...) e de máis aló dos Pireneos: Polonia, Alemaña, Canadá e Holanda. Caricatura de Isaac (obra de Xosé Luís Veiras Manteiga)  O nome deste artista, enormemente recoñecido, como se observa, é Xosé Luís Veiras Manteiga. Del poderiamos alongar o seu currículo até a síncope, mais achegaremos algúns datos  a maiores deste de

Cathy e Riiko Thomas, Isaac, Sargadelos e Australia

Imaxe
SARGADELOS EN AUSTRALIA Riiko Ceramics - Sidnei - Australia ( riikoceramics.com.au ) Desde Australia chéganos unha manda moi especial de dous namorados da cerámica de Sargadelos. Cathy e Riiko Thomas, propietarios dunha tenda de cerámica en Sidnei, visitaron Galicia no ano 2008 e, paseando pola cidade de Lugo, descubriron a Galería Sargadelos , na que se expoñían vaixelas, xogos de té e de café, figuras e xoias de fermoso deseño. Os dous ficaron engaiolados da beleza das pezas que constituían, na súa opinión, “un auténtico pracer para a vista”. riikoceramics.com.au Como o seu presuposto era reducido, decidiron levar uns pratos que lles recordaran, á hora de cear, os agradables momentos pasados na nosa terra. E así o fixeron. Ao chegaren a Sidnei, decatáronse de que esta cerámica era absolutamente descoñecida tanto en Australia coma en Asia, polo que acordaron incorporala á súa galería. Desde entón, a nosa cerámica de Sargadelos pódese adquirir tamén nas antípodas. Outrora na tenda s

Dende Compostela, unha manda de Mercedes Rosón para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Pois chega dende Compostela, berce de Isaac Díaz Pardo, unha manda para el escrita pola man de Mercedes Rosón. Vinculada dende hai moitos anos á Universidade de Santiago de Compostela, Mercedes desempeñou o cargo de subdirectora da Área de Cultura do Vicerreitorado de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, amais de ser responsábel da Fonoteca universitaria. Na actualidade é concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultura do Concello de Compostela.  Nunha ocasión escoitámoslle unha frase que nos quedou ben gravada e que queremos compartir con todas e todos vós, pois en certo xeito é parte da filosofía de traballo e identidade do Alento Esbravexo: "Temos que multiplicar por cen o galego para que o futuro se poida escribir, ler, pensar e conxugar en galego e dende Galicia". Por conseguinte, alén de saber do valor da palabra, Mercedes reivindica a defensa conxunta do idioma de todas e todos. Desenvólvese moi ben, ademais, como peixe na auga, en ámbitos cult

Rubén Campos Guimarei, Isaac Díaz Pardo e as nais

Imaxe
Virxe do Carme - Sargadelos (agasallo a unha nai... ou a moitas) Compatibiliza estudos e traballo este mozo de Cuntis que gusta de colaborar na memoria dos bos e xenerosos. Tráenos coma agasallo de mans que se entregan unha manda na honra de Isaac Díaz Pardo, pois cómpre lembrar a aquelas persoas que erguen catedrais (quixer de pedra, de arte ou de ideas...). Porque Rubén Campos Guimarei, o autor desta muxica de luz, gusta de lecturas que nos fagan reflexionar, do pensamento -hoxe tan denostado- da filosofía... para intentar comprender o mundo, as persoas e as realidades que nos definen como pobo nun determinado momento. Rubén reside xusto alí, na Presiña -antiga rúa Lanuza- non lonxe do predio onde Roberto Blanco Torres nace e no que se educa, tamén rodeado de humanidade e humanidades... E disto vai o conto, de ser humano e comprender que debemos honrar a aquelas persoas que nos preceden, fosen amizades, coñecidos ou as que nos deron luz e vida: as nais! Beizóns, Rubén... e que contin

Lela da Silva: Comemos con Isaac cada día

Imaxe
Comemos con Isaac cada día Pois unha "muller do común", que escribe de marabilla e ten na retina a República e todas as luces que transmiten os símbolos recreados nas vaixelas de Isaac, convídanos a xantar con ela á mesa. Porén, máis aló das viandas, dos aperitivos e dos cafés están os continentes cerámicos, todos eses países de cultura que se escriben en azul, todas esas patrias pacíficas de caolín en branco (bandeira izada polo vento!), todos ese universos creados pola man dun xenio que non é deus pero si persoa, que non é perfecto pero fai de ouro o que soña.  Di ela, Lela da Silva, que "todos os días comemos con Isaac" e en certo xeito é así... Xantamos cabo del, sobre o que el creou, sobre a louza que é luz, tradición e historia... De Lela, amais de nos sonar (e soñar) a uns versos Castelao, só poemos sinalar que non temos máis información que o texto que redacta. Pero todo el, na súa manda, podería servir de conclusión do que para todas e todos os do Alento Es

Xosé Iglesias Lamela, o mar, Isaac e o xibarte

Imaxe
Balea de Xosé Iglesias Lamela (foto de Xurxo Lobato) O poeta Xosé Iglesias Lamela conta, ademais dun Atlántico inspirador, cunha mareira de versos publicados en dous libros de poemas: Transfusión oceánica (2015) e A relixión do mar (2016). Porén, outras rimas foron saíndo en diversas obras colectivas, nalgunha das cales tamén temos coincidido varios membros do Alento Esbravexo. En resumo: compartimos palabra, mar e loitas. A balea de Xosé Iglesias (foto: Xurxo Lobato) Pola Universidade Laboral da Coruña consegue o título de patrón pesqueiro e de capitán de pesca pola análoga viguesa. Digamos pois que o Atlántico -o mesmo de Manuel Antonio, María Mariño, Alenxandre Nerium, Antón Zapata, María Canosa- exhala poesía dende o argazo até os salseiros.  Hoxe, este autor, entréganos unha manda e unhas fotografías (sacadas por Xurxo Lobato) dunha balea inspirada na vida de Isaac Díaz Pardo. O ambiente, todo el, recende a salitre, a memoria e a Xustiza, recende á suor das persoas -homes e mull

Manda anónima para Isaac e ilustración de Carmela

Imaxe
Isaac Díaz Pardo (obra de Carmela) Pois a manda que hoxe publicamos é así tal e como a reproducimos. Trátase dun par de persoas coñecidas de Isaac, nai e filla, que queren ter un detalle para honrar a súa memoria e, en particular, o centenario do seu nacemento. Da persoa que escribe o texto non coñecemos ren, mais a que ilustra é dunha meniña de nome Carmela (como quedou sinalado a súa filla). A obra desta é un retrato que fai sobre Díaz Pardo, con camisa de cadros, con pelo ruzo e toda esa xeometría cobalto que decora os espazos creativos dun creador do pobo e que unha nena creadora tamén observa.  Beizóns para os dous e velaquí fica a vosa manda! Unha manda anónima para Isaac Díaz Pardo Isaac Díaz Pardo   (obra de Carmela) Cando me descubrín neste grupo, pensei que, de seguro, se trataba dun erro, pois... Que podía achegar eu? Tiven curiosidade por conhecer a idea deste proxecto e, sen máis, foron xurdindo lembranzas, imaxes de momentos asociados a Isaac Díaz Pardo e a Sargadelos. E