Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2021

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Imaxe
Poñerse diante do teclado do ordenador para escribir algo que non queriamos facer, xusto hoxe, íase demorando instante tras instante, co morder das unllas, o trabar dos dentes e unha barra espaciadora que só escribía silencios en liña. É abondo complicado poñer o fecho a un proxecto que, agora mesmo, lanzamos hai 10 meses. O 7 de xullo de 2020 abríase a porta deste forno de ideas, aínda que tres meses antes -e a lume maino, coas mans do país entregando esforzo- xa se estivera a quecer o fogar.  O día 9 faciamos un chamamento público a participar neste proxecto, no gustamos de recibir centos de colaboracións (hoxe suman 263) elaboradas por ducias e ducias de particulares (sociedade consciente, civil e activa), artistas plásticos e persoas do mundo da escrita. Polo que nese xullo, incluso antes de conmemorar o centario do nacemento de Isaac, saía a nosa primeira fornada, dende un blogue sinxelo, que ao longo de máis de corenta semanas espallou afectos, ideas fugantes e pezas marabillosas

Soledad Pite e unha alborada para Isaac

Imaxe
Alborada (obra plástica e poética de Soledad Pite) Polas puntas dos dedos agarra Isaac un mantel, coma se for un mapamundi de continentes e contidos. Esténdeo para que todas as persoas o vexamos, amosando as xeografías xeométricas da cerámica e os pigmentos -todos- cos que pintou o caolín e os soños. E nese pano de vitorias voan as andoriñas e as mans creativas tamén de Soledad Pite, a súa autora, nunha acuarela fantástica que recolle os atlánticos días dunha biografía intensa. Porque a artisa, fabulosa onde as haxa, apaña e acompaña a infancia de Isaac, os tempos mozos con Mimina, os anos de adulto e sabio curioso, e esa intelixencia que perdura cando o camiño se estreita cara a vellez.  Un mar de acuarela énchenos os ollos de bágoas, co salitre brillando nas praias do recordo... E veñen a nós en mareiras e ciclóns pois esta é a última manda que publicamos de todas aquelas que zarparon dende portos dos cinco continentes (Europa, América, África, Oceanía e Asia) pero que tamén partiron

Manuel Blanco Barreiro e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Isaac Díaz Pardo (peza en pirogravado de Manuel Blanco Barreiro) Nado en Compostela, Manuel Blanco Barreiro é un artista plástico que hai tempo asinaba as súas obras co pseudónimo Toxo para, a partir de 2008, trocalo polo de Ulex. Xa de mozo resulta varias veces finalista no Certame Galego de Artes Plásticas.  Isaac Díaz Pardo   (peza en pirogravado de Manuel Blanco Barreiro) A nivel colectivo, expuxo na Facultade de Filosofía da USC, no Concello de Cambre e na Casa da Xuventude de Carballo; mais a nivel individual as súas pezas penduraron en varios locais da Coruña, Compostela e incluso no Hostal dos Reis Católicos. A que nos trae Manuel Blanco é unha obra que, polo seu estilo, resulta novidosa dentro do proxecto d' Unha manda de pezas para Isaac . A base de calor vai queimando a madeira, que colle tonalidades torradas e marróns, que recordan o recendo da terra. E en base a liñas e superficies, o artista consegue grafar a imaxe de Díaz Pardo en pirogravado. O redor da silueta les

Zeltia ao Aire entrega un amuleto para Isaac

Imaxe
Cornaberto (peza de Zeltia ao Aire) Para a Zeltia ao Aire, Isaac é " un dos referentes máis importantes de Galicia e fascíname esa maneira de debuxar e pintar, como con tan poucas cores e aproveitando o branco das pezas consegue amosarnos cousas tan nosas. É dicir, como con algo tan sinxelo é capaz de mostrar e expresar tanto, xa que son pezas que asemellan ter vida ". Esta autora dedícase á xoiaría téxtil coa técnica do bordado ao aire, das que xorden esas pezas sublimes -como as pasamanerías- aplicábeis aos traxes tradicionais galegos. A obra que nos trae encádrase xustamente niso, na xoiaría téxtil: bordado ao aire e pintura, fundamentalmente, unidas por un substrato creativo de Isaac e unha concepción contemporánea de Zeltia.  Cornaberto  (peza de Zeltia ao Aire) Vese que, coma outras persas que participaron na convocatoria do Alento Esbravexo, emprega esa pintura azul tan característica de Sargadelos, mentres que a acompaña con fíos doutras cores que enfatizan a liña do

Ideia Gráfica, Isaac e as persoas docentes que nos preceden

Imaxe
Deseño de Ideia Gráfica Polas redes sociais localizamos unha persoa que elabora un traballo que ben se adapta ao noso obxectivo de homenaxear, durante centos de días, a Isaac Díaz Pardo. O seu nome comercial é Ideia Gráfica ( ideia.gal ) e poñendonos en contacto con ela sinalounos o seguinte sobre "O Señor de Sagadelos": " Coñecín por primeira vez a Isaac a traés dos desenhos de 'Memorias dun neno labrego', depois descubrín pouco a pouco o seu trabalho asombrándome máis e máis com a súa capacidade para elaborar um discurso gráfico proprio, variado nos seus soportes e tam representativo da Galiza. Em cada obra del ha algo de cada artista galego/a que o precedeu e creio  que ha algo del em cada um que o seguiu, um ejemplo, um mestre ". Produtos de Ideia Gráfica Coincidimos plenamente na afirmación de que en todas aquelas persoas que o seguiron -dun ou doutro xeito- habita Isaac, así como nel residiron autores e autoras doutro tempo (lembramos a Castelao, a Lo

Antonio González Millán, Isaac Díaz Pardo e Valle-Inclán

Imaxe
E a de hoxe é a quenda de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán e unha das persoas máis inquedas na defensa do patrimonio histórico, cultural e artístico desa zona do Mar da Arousa. Unha enorme regalía é a manda que nos trae pois, alén de elaborala a xeito de reflexións e anécdotas vivenciais e persoais de Antonio con Isaac Díaz Pardo, non deixa de ser un ensaio imprescidíbel para este noso proxecto e, en xeral, para todo o público. A rigorosidade amósase no xeito documental que trae canda si, pero tamén nese arquivo neuronal que na cabeza de Antonio todo se rexistra. Diremos del que ademais de ser licenciado pola USC e especializado en Museoloxía e Historia da Arte, é escritor e descubridor de bens de interese patromonial por diversas xeografías galegas. Velaí está unha restra de achados: o marabilloso sartego paleocristián de Portosín, a escultura do neno cantor do coro do Mestre Mateo (Nemenzo) o menhir do monte dos Corvos (Bretal - Ribeira), "este en paradoir

Rosa de Soutelo, Isaac e unha saia de Cecilia para Icía

Imaxe
Unha para saia para Icia (Deseño de Rosa de Soutelo) Dende a sombra deitada polo monte Xesteiras (Cuntis) chega -movida polo aire- unha saia para Icía. Esta foi confeccionada por Rosa de Soutelo, muller que tanto lle dá aos eidos como realiza labores domésticos, deseña un patrón como cose unha saia non para Carolina, senón para a súa filla Icía (malia haber quen ousa en castelanizarlle o nome polo de Cecilia).  Rosa gusta do anonimato, pero as súas pezas de fío e agulla son dignas de asombro e poderían servir perfectamente para unha gala -a entrega dos Mestre Mateo-, como para pasear polas rúas de Compostela ou á beira do mar. Velaí a versatilidade do deseño que hoxe se nos ofrece.  Rosa ten impartido numerosos obradoiros téxtiles e, incluso, de cando en vez aposta por narrar o que fai, de deixar recollidas todas as súas obras en apuntamentos marabillosos.  Admirade, coma nós, a súa saia, que elabora en base aos debuxos de Isaac Díaz Pardo ( 20 desnudos de Cecilia la acróbata ). Quiza