Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2020

Miro Casabella canta a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
O cantautor Miro Casabella aceptou o chamo do Alento Esbravexo para conmemorar o nacemento de Isaac Díaz Pardo . E dedícalle, coa voz e a arpa, o cantar de cego d'O Marqués de Sargadelos. En relación a Miro Casabella, influenciado pola Nova Cançó catalá, debemos subliñar a súa vinculación co egrexio grupo Voces Ceibes e con aqueloutro denominado DOA . Con Pilocha , María Manuela , María del Mar Bonet , Benedicto García Villar , Xerardo Moscoso , Paco Ibáñez , Joan Baez , Mini , Mero  e Luís Cília ten gardado amizade e participado en diversos actos e festivais. Isto vén ao caso por un refrán galego: "dime con quen vas e direiche que fas". E vaia se fai e se fixo, so basta ver a súa enorme traxectoria cultural. Resulta unha honra contar coa arte deste destacado membro da música de autor galega, non só pola citada traxectoria que ten levado ao longo dos anos, senón tamén pola calidade lírica e compositiva do mesmo; calidades que se manifestan, por exemplo, no cantar de c

Versos de Mateo Fontán para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo Historiador, poeta, activista cultural e perito xudicial en arqueoloxía évos o pontevedrés Mateo Fontán Couto. Traballou en diversos xacementos emblemáticos galegos, entre os que gustamos de destacar os dos Monte do Castro (Ribadumia), Santa Trega (A Guarda), Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), A Lanzada (Noalla), A Cerca-Muro de Bubal (Oímbra-Monterrei), Cidadela (Sobrado dos Monxes)... Mais se isto fose pouco, é coprodutor e guionista de curtametraxes. Desta volta, e co gallo de homenaxear dende "Alento Esbravexo" a Isaac Díaz Pardo, lanza aos ventos os seus versos de recordo, memoria, terra e tradición... Comprobade que ben se conxuga o ritmo cos contidos medidos e tamén encriptados tal tesouro arqueolóxico. Beizóns!! VERSOS PARA ISAAC DÍAZ PARDO Na túa nacenza conxúgase de xeito vidrado e multicolor un valor de talento, un honor castigado. Da edición vital que manou de Isaac quédanos todo mais todo de novo e, no tocante á súa querenza, o p

Unha manda de Alvarellos Editora para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Alvarellos Editora é unha desas empresas galegas do mundo do libro totalmente necesarias. Ela ten espetada no horizonte o compromiso coa cultura e lingua do país, ou sexa, que fai patria porque ten os pés na terra e o ollar no futuro. Esta editora, da man do seu responsábel, o escritor  Henrique Alvarellos , non quere desaproveitar a homenaxe que "Alento Esbravexo" está a impulsar na memoria de Isaac Díaz Pardo... Porque tamén niso está presente Henrique, en regalar palabras a aqueles que xa voaron pero deixaron o niño cheo de esperanza e proxectos fermosos. Velaquí un agasallo de Henrique Alvarellos a xeito de manda e de aloumiño, pois el abofé sabe "moi ben o pobo que ten diante". OS SETE EXEMPLARES DE ISAAC Houbo dúas persoas que, dende os meus inicios como editor en 2004, deixaron unha fonda e inesquecible pegada en min, no persoal e no profesional: un foi Francisco Fernández del Riego; o outro, Isaac Díaz Pardo.  De Paco del Riego gústame lembrar cando en 20

De Domingo Tabuyo a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Dende as terras do Mar da Arousa, ao pé dun Atlántico de luz e poesía, chega unha manda da man do historiador  Domingo Tabuyo que moito ten que ver co viño, co Albariño, co Salnés e cun neno labrego que axuda nos eidos familiares que escorregan até o mar. Porque Tabuyo é desas persoas nas que a sensibilidade se manifesta non só no oficio senón tamén na outra vocación, a de escribir e expresar con palabras o mundo que se fai mar. As súas obras son poéticas e narrativas, mergullan na literatura infantil e xuvenil e atracan tamén nos portos do verso clásico de Rosalía.  Velaquí a súa manda: un neno labrego, chámese Balbino, que Isaac  debuxara para a edición daquelas memorias  de Xosé Neira Vilas . Pero Tabuyo entrégaa no envoltorio do elixir máis prezado da Arousa, na embalaxe do viño... Fixádevos que fermosura! Estes son os seus comentarios ao respecto: " Grazas por terme invitado a participar en tan fermosa e necesaria homenaxe a Isaac.  Unha  figura que merece máis luz e máis es

Manda de Xaime Subiela para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Porque a de Xaime Subiela é unha análise profunda, entregada á reflexión, no mergullar do país, no afondar na persoa de Isaac , no traballo del e nos contextos nacional e internacional.  Porque o de Xaime Subiela é un ensaio que descobre os alicerces nos que se sustentaron a vida e os proxectos culturais da alma mater de Sargadelos e outras empresas; velaí recupera do desterro as trabes mestras da produción intelectual dun galeguista asentado nas vangardas. E ben certo é o que indica o autor, pois Isaac buscou na cultura a utilidade e a popularización da mesma, tendo o ollar posto no Seminario de Estudos Galegos , tal e como Da Vinci mantiña a súa curiosidade en Vitruvio.  Subiela fai esa comparanza pois considera realmente a Díaz Pardo, abofé, un home do Renacemento, dentro dunha concepción ampla do "facer" e do "para quen facelo". Por todo isto e moito máis só nos resta recomendarvos a lectura demorada do ensaio que nos "manda" Xaime Subiela, xa que se

De Helena Villar Janeiro a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Coma a fragracia da roseira, Helena Villar Janeiro vai deixando un ronsel de flores poéticas, ensaísticas e narrativas máis ca relevantes dentro da produción cultural galega. E déixao cos libros de literatura infantil, cos versos que se comprometen coa terra e a memoria e cos paseos que recordan a palabra daquelas persoas que nos precederon. A calidade literaria da autora é totalmente tanxíbel, como así acontece co compromiso que profesa a aquelas personalidades que foron quen de sementar esperanza e engrandecer esta terra atlántica bicado polo Cantábrico. Esas dúas liñas conflúen en moitas ocasións, e bo exemplo disto é o que se recolle no poema que dedica a Isaac Díaz Pardo . Beizóns UNHA MANDA PARA ISAAC Sempre buscamos en Isaac a memoria coa fe coa que se acode a un cenobita do Templo do Monxoi. Creaba Isaac obxectos para gardar memoria e era fonte manando ese milagre que alimentan devotos urdidores de fíos no tear dos recordos, e tamén compostores do discurso poético no tear das

De Ramón Nicolás a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Quen non coñece a Ramón Nicolás non sabe dun dos maiores e mellores críticos literarios galegos, non sabe do seu labor docente e moito menos da literatura que gusta de crear. O ensaio, a narrativa, a tradución e a edición son varios dos eidos nos que se ten mergullado con mestría, e aínda que os premios non o son todo a verdade é que demostran a valía dalguén se debe escribir con caracteres maiúsculos.  Alén disto, Ramón fixo chegar a "Alento Esbravexo" unha comunicación para recordar ao benquerido Isaac Díaz Pardo , e entrégaa co obxecto de ter presente o documento histórico que a acompaña.  Mais que este agasallo o describa o escritor coas súas propias palabras. " No ano 1970 Isaac Díaz Pardo remítelle esta carta a Celso Emilio Ferreiro, naquela altura exiliado en Caracas, onde comenta extremos do que pouco despois sería un proxecto innovador, concibido desde a modernidade enraizada coa tradición que proxectaba desde aquela fábrica de soños que foi Ediciós do Castro e

De Xesús Rábade para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Xesús Rábade Paredes é un deses persoeiros galegos que se ten entregado, dende hai ben tempo, ao servizo da cultura da Nosa Terra, á difusión e dignificación do idioma, á creación intelectual e a un ronsel de proxectos innumerábeis.  Os seus libros de poesía, ensaio e narrativa beben -en manancial puro- da auga do país, mais tamén se ten mergullado no eido da tradución e participado nun océano de obras colectivas.  Desta volta, para relembrar a Isaac , tráenos unha acaída reflexión e esta imaxe serigráfica que o artista compostelán elaborara por 1993.  Velaquí as verbas coas que Rábade nos agasalla: OS OLLOS DE ISAAC  Isaac tiña os ollos inmensos, abraiados, como para catar o seu naufraxio e todos os naufraxios. As figuras da xente que pintou levan incorporado o espanto na mirada. Tal como nesta estampa serigráfica, o diálogo é de xestos e de olladas.  Xesús Rábade Parede s

A manda do Grupo Galos para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Pomba a Isaac Díaz Pardo (Grupo Galos) Dentro das empresas cerámicas recoñecidas pola súa ligazón coa terra galega está o grupo Galos. As súas pezas reproducen os nosos costumes populares, as nosas xentes, incluso as nosas crenzas e lugares. Cheas de colorido son todas elas; cheas de simbolismo, boa parte... Pero na totalidade elabóranse co material que sae da terra, feitas con motivos da Nosa Terra e distinadas a todas aquelas persoas que, de non ser deste noso recuncho do mundo, si sabe amalo.  Testemuño dese amor é a peza que o grupo Galos elabora para conmemorar o aniversario do nacemento de Isaac Díaz Pardo: unha pomba da paz.  Os responsábeis desta creación indícano deste xeito: " En homenaxe a Isaac Díaz Pardo creamos esta figura de porcelana, representativa da paz, amor e liberdade, conceptos que ao longo da traxectoria creativa e industrial deste gran artista sempre foron plasmados na súa obra ".

Manda de Dores Lobato para Isaac

Imaxe
Dores Lobato escribe a súa historia de soños azuis empregando o verso, revertendo o imaxinario no real para conseguir recordos. Escribe para non esquecer o eterno da beleza e das alfaias creadas por Isaac. Velaquí o verso libre que nos libera dos prexuízos para tocar coa puntiña dos dedos a utopía. Velaquí esta marabilla que Dores fixo palabra. Tenho lavado os olhos nos teus sonhos azúis, agarimoso ser atemporal,  mentras me (I) lusionaba coas cores da noite  e (S) trelada da terra amada,  do (A) mor eterno á bela-velha terra.  E (A) inda mantenho as mans abertas  e a utopía inta (C) ta,  saudoso desenhador de enfeites  pra non-meigas.                                                         Dores Lobato 

De Elixio Vieites a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Elixio Vieites , alén de ser un gran coñecedor, percorredor de mundos vinculados coa historia e a arqueoloxía, activista cultural e catalogador do noso patrimonio nacional, é técnico no Centro Dramático Galego. Moitas persoas témolo coñecido mercé dos seus artigos publicados en historiadegalicia.gal ou de formar parte dese fantástico patrimoniogalego.net , pois deste último é un dos seus membros e editores. Neste sitio vai engadindo centos de lugares vinculados coa Nosa Terra (identidade, historia e arqueoloxía), como un catálogo xeral de todo o que nos é propio dende a cultura material. Pero para el, dentro do patrimonio de todas e todos os galegos, tamén ocupa un  espazo principal o egrexio Isaac Díaz Pardo. Elixio, na súa memoria, tráenos unha fotografía tremendamente simbólica e chea de información, malia seguir unha corrente minimalista na forma que, para nada, o é dende os contidos: resulta unha explosión informativa tras a simplicidade visual (ás veces tan complicada de acadar)

De Pepa Nieto a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
A Forza do Tempo (autora: Pepa Nieto) Pepa Nieto é desas artistas que tanto nos ilustra coa plástica coma co verso, que lle asigna temperamento ao aceiro como dozura á palabra. Velaquí nos entrega unha súa escultura titulada A Forza do Tempo, na que o diálogo entre a liña e a curva, o ángulo e a esfera non se fan agresivos nin pugnan entre si. Quizais queira insinuar que os opostos tamén son compatíbeis. Pero, amais disto, facilita un poema (vertido ao galego por Miro Villar), que se mergulla no campo da arte, porque para esta autora a palabra e a materia non son casuais, conviven en simbiose e harmonía, son complementarias, como tamén o foron para Isaac Díaz Pardo, a quen lle dedica ambas composicións. Aquí quedan para todas e todos. Non é casualidade o exquisito acento das túas mans que chega como amante ás miñas pupilas máis aló das mortes solitarias e a túa morte. Que é o teu sangue clarísimo o esteo sobre o papel que escribo tantas veces o teu nome como morro. Son esas n

MANDA E RECORDO DE OTERO REGAL A ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Peza de Otero Regal Todo o mundo, cando menos o noso mundo, coñece a traxectoria de Otero Regal, o seu labor no eido da cerámica e noutros tamén importantes. Ademais, ninguén ignora a valentía que ten amosado en múltiples ocasións e incluso para recordar e defender a un dos seus amigos: Isaac Díaz Pardo. A el entrégalle as liñas que abaixo se reproducen e a peza artística que as acompaña. Ducias e ducias de exposicións da obra de Otero Regal téñense montado por Galiza e outros territorios: Bilbao, Barcelona, Toledo, Madrid, Wiesbaden, Munich e poderíamos chegar a non poucos recunchos de Europa, Asia e América, con Estados Unidos e Xapón incluídos... Todas elas demostran non só unha elevada calidade artística do autor, senón tamén, no seu conxunto, un compromiso coa plástica e coa terra. Velaquí os seus recordos. Coñecín a Díaz Pardo ala polo ano 1972 cando se inaugurou a tenda-galeria de Sargadelos en Barcelona. Presentáronmo e falamos da miña orixe e de que facía cerámica. Volvémonos

De Rodrigo Riveiro unha Ferraxe de Prata para Isaac

Imaxe
Amalia (por Rodrigo Riveiro - Ferraxe de Prata) Rodrigo Riveiro é desas persoas que todo o mundo quere, dende o amical ao profesional (díganllo ás persoas artesás), dende o día a día á fermosura dos momentos creativos. Malia a súa "obscena mocidade" (como di Francisco Pillado Maior), este artista xa foi quen de recibir o Premio de Artesanía de Galicia (2017). A súa vinculación co país vese en coleccións como aquela titulada "Terriña Nosa", onde recolle boa parte dos apeiros de labranza galegos: gallas, angazos, gadañas, sachos, ranqueiros, xugos, cambas... Tamén son destacábeis as recreacións en prata e ouro de varias casas da zona monumental de Compostela ("seguros mutuos Santiago" é como denomina a serie) e que serven para lucir, de xeito faiscante, nas lapelas de moitas persoas que queren levar o país cerca do peito.  Amalia  (por Rodrigo Riveiro - Ferraxe de Prata) Porén, interésanos sobremaneira a colección de "louza", na que lle outorga -t

De Nuria Gómez Domínguez a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Isaac Díaz Pardo (autora: Nuria Gómez) Quen coñece a Nuria Gómez Domínguez sabe da súa enorme vinculación co mundo do deporte, ben como atleta ben como profesional. Sabemos do seu compromiso neste eido e que, amais de desenvolver actividades de tempo libre, é Directora Deportiva do Clube Baloncesto Nigrán e realiza escolas de iniciación a esa disciplina. Adestrou a Selección de Vigo (na categoría de cadete) e formou parte do corpo técnico da Selección Galega de Baloncesto (nas categorías infantil e alevín). Porén, ela mesma tamén nos conta que "o pouquiño tempo que me pode quedar libre (...), con partidos as fins de semanas" dedícao a debuxar, pois é unha das súas verdadeiras paixóns. A varias/os de nós gústannos moito as súas caricaturas, boa parte elaboradas en grafito mais de cando en cando emprega cor.  Velaquí a que realizou de Isaac Díaz Pardo como tributo e recordo do centenario do seu nacemento. A peza, a xeito de manda, carrexa simbolicamente varios elementos que

DE XAQUÍN MARÍN A ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Home Pequeno - Obra Colosal (autor: Xaquín Marín) Ninguén pode discutir que Xaquín Marín é unha das figuras máis relevantes do mundo da ilustración galega. As súas tiras cómicas teñen saído en páxinas de varios xornais do noso país, mais a súa obra sempre se tingue de retranca e crítica, sobre todo no que afecta a temas sociais e lingüísticos. Porque para el o idioma é un motivo constante de defensa e un compromiso vital, do mesmo xeito que o son figuras básicas da historia galega, sirva de exemplo Isaac Díaz Pardo. O artista de Ferrol, que ten participado en numerosas feiras internacionais da caricatura, elaborou varias estampas vinculadas a Isaac Díaz (ferrolán tamén de orixe aínda que nado en Compostela). N'A Nosa Terra, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, Teima, Diario 16, Le Telegramme... apareceron as súas ilustracións, ademais de ser autor de varios libros (algúns dos cales gardamos comos se fosen tesouros da infancia). Houbo quen gustou de distinguilo co premio "Bo e

MOVEMENTO COOPERATIVO DA ESCOLA POPULAR GALEGA E ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Entregan un fermoso texto, de recoñecemento e lembranza de Isaac Díaz Pardo, varias persoas compoñentes daquel Movemento Cooperativo da Escola Popular Galega (1975-1983) . As e os que integraban esta corrente estaban conciencidas/os da necesidade dun ensino galego que impulsase o dereito de sermos educados e formados na lingua que nos é propia. Ergueron, velaí, a bandeira da palabra para dignificar un idioma relegado, outrora, a ámbitos nada académicos e si máis folclóricos. E incluso foron quen de editar a revista pedagóxica "As Roladas 2", homónima daquela que fundara por Ramón Cabanillas  e que levaba por cabeceira unha rolada de pitiños que enredadban por entre as letras. Alén diso, observaba ese movemento a pedagoxía de Freinet e as correntes máis vangardistas no eido educativo. A manda di así: BO E XENEROSO Eran xa mozos os anos 70.  Nós, un grupo de docentes queriamos mellorar o ensino só coas ferramentas da nosa vocación. E xuntámonos daquela, coma tantas veces, para

Manda para Isaac unha manda Tino Baz

Imaxe
Unha das voces máis recoñecidas do panorama musical galego, e máis concretamente da música de autor, é Tino Baz. Nado ao pé do mar, na Guarda, foi membro de grupos como Os Petóns e Os Pelouros ... E aínda que Suso Vaamonde deixou unha fonda pegada nel, no seu estilo tamén influíron Mini e Mero , toda A Quenlla e Fuxan os Ventos . Alén de ter sido compoñente d' A Roda , as súas cancións levan letras propias pero tamén de Marica Campo , Bernardino Graña , Manuel María , Celso Emilio ... e van sempre acompañadas de instrumentos como a guitarra, a zanfoña, percusión ou gaita. El, Tino Baz, é unha clara ponte de unión entre a modernidade e a tradición, entre a música de autor e os tempos que corren e precisan da terra e da voz do Pobo... E esa voz, a do Pobo, é interpretada por el para homenaxear a Isaac Díaz Pardo cunha manda a xeito de poema ou de canción. Velaquí fica para a comunidade co obxecto saborear o gusto da terra que se fai obra de arte e recorda a Isaac. A bolsa Son

UNHA MANDA DE IO MORALES SÁNCHEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Inspirada pola vaixela portomarínica, nos seus debuxos xeométricos de combinacións cuadrangulares ou rómbicas que se incrustan na cerámica, as agullas de Io foron creando unha nova oroxénese artística, unha realidade usábel no cotiá... Porque a inspiración de Isaac, deste xeito e xunto a de Io, tamén nos dá alumiño de tenrura, ganduxando lembranza e actualización.  Co gallo desta efeméride, Io Morales Sánchez súmase á iniciativa promovida por Alento Esbravexo: visibilizar a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento. A autora, sen dúbida unha verdadeira "artista e artesá téxtil", elabora un xersei en la "meriña" totalmente vinculado á xeometría icónica que outrora deseña Isaac para a súa cerámima. Io, cuxa vida discorre de Fisterra a Compostela (en analoxía ás terras liberadas que soñou Novoneyra ), gusta de realizar esta súa manda na técnica denominada tricó.  Velaquí vos deixamos varias imaxes dela. Xersei Portomarínico (autora: Io Morales Sánchez) Xersei P

De Xosé Ramón Rodríguez Iglesias a Isaac Díaz Pardo: Vida de aldea

Imaxe
Fotograma de Vida de aldea (obra de Xosé Ramón Rodríguez Iglesias) Unha nova manda, en formato audivisual, chega da man de Xosé Ramón Rodríguez Iglesias. Todas as palabras resultan escasas para describir este proxecto, se ben o concepto fantástico é o que mellor lle acae. O creador, grande amante da natureza e da súa conservación, fainos chegar este comentario para ter en conta á hora de publicarmos tal alfaia que, a xeito de tributo, dedica a Isaac e titula Vida de Aldea : " Esta é a miña última obra. Remata co corazón que é o segredo de todo, o máis importante en todas as cousas que fago, sempre coa esperanza de darlle vida a un pobo, a unha aldea. Dedícollo a Isaac porque creo que el tamén facía as cousas co corazón ". Deixamos por aquí as imaxes.

De Paco Rivas a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
 E dende as terras de Cervo, onde Isaac tiña as instalacións de Sagardelos, chega faiscante este poema de Paco Rivas , recitado e editado -a xeito de vídeo- dunha forma ben fermosa.  O autor, filólogo e profesor, publica media ducia de poemarios, outra media ducia de ensaios de investigación lingüística e un par pezas narrativas. Tamén participa en obras colectivas.  E velaquí nos deixa estes versos tinguidos de memoria e esperanza, ateigados de imaxes visuais e sonoras... para quen guste de ouvir e escoitar nestes tempos nos que presta tanto a poesía.

De Francisco Remiseiro a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Francisco Remiseiro é deses artistas nos que a súa obra impacta de vez, non só pola precisión técnica senón tamén polos contidos simbólicos, surrealistas, encriptados... Herdeiro da tradición dos imaxineiros barrocos, as súas pezas foron expostas en moitos recunchos do mundo: dende Galiza a Barcelona, Salamanca, Sevilla, Canadá, Dinamarca, Hungría, Lituania, Siria, Varsovia... Natural do concello de Barro, lévanos ao seu estudo e facilítanos unha imaxe da súa última xilografía, coa que conmemora a Isaac Díaz Pardo dende a súa faceta de deseñador de mobles. Cadeira baleira é o título deste gravado, de 126 X 172 mm nas súas dimensións, que recrea aquela cadeira antropomorfa deseñada por Isaac. Está impreso en washi xaponés elaborado con febra de kozo,  papel que se fabrica nunha técnica que observa un profundo respecto coa natureza (o mesmo respecto que ten Remiseiro á hora de tallar as súas obras). En 2014 esta técnica foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade, e en washi confec

De Carlos Valle a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Isaac Díaz Pardo xunto a unha obra súa (foto de Vítor Mejuto) Ninguén pode negar a valía intelectual de Isaac Díaz Pardo , como tampouco a de Xosé Carlos Valle Pérez . Este persoeiro da Cultura Galega, até non moitos anos director do Museo de Pontevedra, ten publicado unha morea de investigacións de alto nivel e comisariado non poucas mostras artísticas, cando menos en Galiza e Portugal. Membro da Real Academia de Belas Artes e correspondente das análogas Madrileña e Portuguesa, é quen de participar en inciativas coma a que estamos a promover dende Alentro Esbravexo, pois de xustiza é relembrar a figura de Isaac Díaz Pardo, sen dúbida unha persoa fundamental na Galiza do século XX, en palabras de Carlos Valle "unha irrepetible figura". Velaquí a súa contibución a xeito de manda. SEMPRE ISAAC      Coñecín a Isaac Díaz Pardo nos anos setenta da pasada centuria, na miña etapa de estudiante universitario en Santiago de Compostela. Por razóns profesionais primeiro, por lazos for

Kalandraka lembra a Isaac

Imaxe
  Dende Kalandraka , editorial especializada en literatura infantil e xuvenil, fannos chegar esta manda para termos moi presente a Isaac Díaz Pardo, para termos presente o seu recordo e a súa memoria. O señor Sargadelos é o título deste fermosísimo recordo que comeza así: O señor Sargadelos Aló polo ano 2005, a Campaña Municipal de Animación á Lectura que cada ano desenvolven o Departamento de Educación do Concello de Santiago e máis Kalandraka, trasladou as súas actividades dende o Pazo de Bendaña ata a Galería Sargadelos, na Rúa Nova da cidade compostelá. Este novo espazo contaba con salas máis amplas para as exposicións, obradoiros e conferencias. Os obxectivos de achegar a arte, a literatura e o deseño aos máis cativos enlazaba plenamente con aquel ideario revolucionario que Isaac Díaz Castro e Luís Seoane puxeran en marcha nos anos sesenta: “Queremos enriquecer o mundo coa nosa diferencia”, dicía Seoane. Aquel lugar -no que destacaba a súa escaleira interior- era como unha c