Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2020

Vicente Ansola, Isaac Díaz Pardo e o patrimonio

Imaxe
O Fotógrafo (autor: Vicente Ansola) E esta marabilla fotográfica que nos lembra a tradición rescatada dende a cerámica deseñada por Díaz Pardo, que nos recorda as orixes do pobo, é da autoría de Vicente Ansola . Realmente unha fermosura pois soubo resaltar o cotiá para facelo próximo, íntimo e entrañábel. A nós, particularmente, lembrounos aquelas escenas de voda, coa parella posando diante do fotógrafo, conscientes do compromiso, do baile, da festa, do amor, do marabilloso sol de outono inzado de ocres e ese feixe de agasallos que chegan coas amizades. Eses agasallos que nas nosas celebracións foron tantas veces pezas de Sargadelos, vaixelas, xogos de té ou café, figuras... e un parolar continuo e agradábel. Mais Ansola Trueba non é, na fotografía, un artista calquera pois ten no seu haber un bo feixe de recoñecementos internacionais, só basta lembrar por exemplo o Premio Hasselblad Master na categoría Up & Coming . El dise "inquedo, viaxeiro e apaixonado da cultura e trad

De César Cequeliños e Jorge Campos... para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Isaac Díaz Pardo (obra de Jorge Campos) O Atlas da Galicia Pequeniña é unha obra ben coñecida de César Cequeliños e Jorge Campos. Esta, recomendada para cativos e cativas do noso país (ou doutros países tamén), procura amosar todos aqueles pequenos universos que collen nun mundo chamado Galiza. Por iso hai espazos para a historia, recunchos para a xeografía, escondedoiros nos que habitan feitos antropolóxicos (todos con certo halo de lenda) e peañas nas que se subliñan persoas que foron quen de erguer (ou soster) as trabes da nosa identidade... E entre elas, entre esas figuras poderosas (de mulleres e homes), despunta xunto con outras a de Isaac Díaz Pardo.  Cequeliños e Campos, que recolleron a chamada do Alento Esbravexo, facilítannos a seguinte manda, ao tempo que entregan en agasalloa imaxe que elaboraron de Isaac Díaz Pardo e que aparece reproducida no Atlas da Galicia Pequeniña. Beizóns, saúde e moita arte! Isaac Díaz Pardo gañou por méritos propios formar parte da historia dos

De Isabel Pintado para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
O Libro de Isaac (obra de Isabel Pintado) O libro de Isaac é a obra que hoxe nos entrega a pintora, gravadora e docente Isabel Pintado . Polifacética, como se observa, compaxina esta disciplina artística con outras que teñen que ver coa palabra. Velaí a súa vinculación co teatro, a ilustración de libros infantís e a publicación de diversas obras e artigos. Por outra banda a peza plástica que nos achega é realmente suxestiva, como se gustase de nos enviar unha metáfora da arte céramica: logo do gris, das sombras (da pólvora incluso se queremos) agromou a cor, a imaxe, a silueta, a forma... o azul cobalto combinado con tinguiduras cálidas. Agardo que vos guste tanto coma a nós... Beizóns, Isabel!

Dende Bélxica, e para Isaac Díaz Pardo, un poema de Ramón Neto

Imaxe
Fotografía de Ruth Matilda Anderson Xa hai ben tempo coincidimos con Ramón Neto no Matonge de Bruxelas... Alí falouse de poesía, tamén con Ana Miranda, Xavier Queipo, Cé Tomé... Barallamos fotografías e colaxes feitas por este último artista e varias amizades comezaron a xurdir sen sermos totalmente conscientes.  A rapaza que leva na cabeza un mundo de cousas Encol do taboleiro da mesa, como quen distribúe o peixe enriba do corpo dunha dorna, ciscamos ideas sobre a cultura galega actual, sobre a necesidade de vogarmos todos nunha mesma dirección: así habíamos gardar da palabra, do idioma... e recuperaríamos a imaxe daquelas persoas grandes que nos precederon e levaron un mundo sobre as súas cabezas... Dende aquela, a dorna de Ramón segue a súa singradura conectando os Polders belgas co arquipélago de Xapón. Ora ben, sen desconectar nunca da Illa de Arousa, de Areoso, Noro, Vionta e o Con de Tres Pés... O "risón" continúa en Semuíño, próximo ao Peirao de Pau. E dende alí, dend

En Galeras, manda de xantares para Isaac

Imaxe
Manda de xantares El Romero A Plataforma Galeras acolle a veciñanza da zona onde naceu (1920) e viviu Isaac Díaz Pardo ata 1936 (que ten que fuxir á Coruña escapando do fascismo). Cando se achegaba a data do centenario de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto), a asociación veciñal convocou aos establecementos de restauración da súa área para facer algo que recordara ao ilustre veciño.  Sempre pasan cousas cando xuntamos dignidade e cohesión social, cando unimos a comida que nos alimenta e as relacións. A primeira delas foi que Quique, da Horta do Obradoiro, nos puxo a traballar. -    A ver se podemos saber que lle gustaba, o que comía... Galeras Daquela tivemos que buscar xente coñecida que compartira con certa asiduidade, xantares con Díaz Pardo. Esperanza Lema falounos do larpeiro que era. Vizoso (que viviu con el uns tres anos no IGI) contaba que era moi austero, que comía coma un paxariño, pero que era agradecido e todo lle gustaba. Coincidía con Esperanza en que lle gustaba moito de

Xosé Ramón Fandiño, 1936 e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Camilo Díaz Baliño cos seus fillos: Chita e Isaac (ano 1925) Gran coñecedor da vida e quefaceres de Isaac Díaz Pardo é o seu amigo Xosé Ramón Fandiño. Escritor e editor, comparte angueiras con Isaac no IGI, colabora na Radio Galega e, como gran coñecedor da literatura do noso país, coordina a Gran Enciclopedia Galega... Oro de la amanecida, de Manuel Fuentes Jorge (con portada de Camilo Díaz Baliño) Sempre compartimos con el conversas vinculadas a Sargadelos, ás librarías e editoras históricas de Compostela, non unicamente a afamada editorial Nós, senón aqueloutra que xunto con Arturo Cuadrado xestionaba Xohán Xesús González... "En Compostela soterraron a semente / chamada Xohán Xesús González, porta / dun futuro suntuoso e proletario / que avanza cara nós con alboroto / e vénme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo" (Xosé Luís Méndez Ferrín) Porque Fandiño vén sabe desas historias, como daquela novela que editada por Niké (impresa en El Eco de Santiago) consegue ser es

María Pousa, Arte, Bibliotecas e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
María Pousa tamén gusta de participar na homenaxe a Isaac Díaz Pardo, de entregar o seu grao de area a esta causa: a de visibilizar a aquel xenio que hai cen anos naceu e foi quen de estender a imaxe dun país -dende o eido da cerámica artística- por todo o mundo. Historiadora da arte e mestra, leva máis de 30 anos traballando na aula coa arte como ferramenta de achegamento ao mundo no que vivimos, de fomento da creatividade e do espírito crítico...". Velaí un outro convite para pórse na pel do outro. Para María esta é " unha oportunidade persoal  para aprender, xunto co meu alumnado, dos e das artistas que non coñecín no meu paso pola universidade galega ". Hogano traballa nas bibliotecas escolares, nas que procura " a presenza da Arte Galega en todas as súas facetas ". Ben haxa, María... e moita cor nas vidas de todas/os!!

Xosé Cobas e as engurras de Isaac

Imaxe
Recoñecido ilustrador, deseñador gráfico e artista plástico é Xosé Cobas . A súa traxectoria avala a importancia que acadou dentro do eido da ilustración galega. Os premios son moitos, aínda que quizais non é que realmente importe sobre todo. Porque consideramos, dende o Alento Esbravexo, que o que realmente resulta significativo é o camiño, a superación, querer chegar a un meta sen pausas pero sen présa. E referímonos ás obras do autor elaboradas co pincel, pois a calidade técnica foi quen de facer unha man, e crear estilo, pero tamén a neurona soubo dirixila cara ás interpretacións pouco fortuítas e si cara á diana dos contidos.  De que serve ter a técnica aprendida se a mensaxe non existe. Velaí que Xosé Cobas coñeza que ambas cousas son irrenunciábeis. E para mostra, este pequeno botón, o que lle dedica a xeito de manda a Isaac Díaz Pardo. As preguntas son: que significa unha bóla de papel engurrado? Que ten que ver co xenio e inxenio do señor de Sargadelos? Para que serve ese envo

III Premio Leixaprén, recordado nunha manda, a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Daquela Domingo Ramón Campos Alborés era coordinador do Equipo de Normalización Lingüística do IES Campo de San Alberto de Noia. Ocupaba a dirección Julio Caamaño. Nese 2002 acordárase entregar o III Premio Leixaprén na defensa da lingua a Isaac Díaz Pardo, e con pluma áxil así o relata o propio Domingo Campos, profesor nese centro de ensino. El tamén nos facilita un outro documento histórico, unha fotografía tirada nese acto na que se identifican, ademais de a Isaac, a Roberto Vidal Bolaño e ao citado Julio Caamaño. Pero esta manda, redactada polo pulso de Domingo Campos Alborés vén a demostrar tres cousas no fundamental: a defensa de Isaac ao idioma galego, o feito de que este era outro mérito que se lle recoñeceu en vida e, por último, que compré rescatarmos a "este xigante de talla pequena pero de espírito inmenso". Fan falla moitas mans para remar no mar da memoria e da Xustiza... Por iso, gustamos de todas as achegas que teñen no horizonte esta meta. Beizóns e moita luz

Aurora Marco terma da man de Díaz Pardo

Imaxe
Aurora Marco con Díaz Pardo nun acto de Memoria Histórica  na illa de San Simón - ano 2006 a Unha persoa de referencia dende os contextos da memoria histórica, da muller, dos dereitos e liberdades das persoas é a escritora Aurora Marco, unha galega que veu ao mundo pola Serra de Albarracín. As súas publicacións son rexas e consistentes como o Castelo de Pambre, e mailas seren duras por veces non por iso se ceiban da tenrura, desa terrura que nos dá ver, por exemplo, un Niño de Pombas... quizais tamén ao carón dun cesto de mazás.  E sinalamos isto porque, entre outros aspectos, a autora é especialista na obra literaria en galego do sabio Antonio López Ferreiro, tema no que desenvolve a súa tese de doutoramento. Unha manchea de títulos ten lanzado ao público, fundamentalmente dende o ensaio, porén tamén se aventura na edición de obras de autores como o citado López Ferreiro, Otero Pedrayo e Avilés de Taramancos, entre outros. Ela é das fundamentais, Aurora, das persoas que dende a intele

Xesús Gómez Lareo, O Burro e Isaac...

Imaxe
Xesús Gómez Lareo, director teatral, quixo traer até este templo de gratitude e memoria aqueles recordos que atesoura sobre Isaac Díaz Pardo. E o que nos vén a dicir con este relato é que Isaac era un facedor, ou un conseguidor, de soños. Por iso sabía a que porta chamar -daquela a de Xesús G. Lareo- con que reparto contar para pór en escena a obra teatral d' O Burro -coa do Grupo Ledicia e particulares da fábrica de Sargadelos... Esta peza dramática, escrita na emigración por Xosé Ruibal, fora premiada co Modern International Drama (de Norteamérica), mais representada en galego por primeira vez en Sargadelos por volta do mes de agosto de 1980.  Por outra banda, estes escritos, como o que nos trae Lareo, son ben necesarios (quizais imprescindíbeis) pois entregan graíñas da personalidade auténtica de Isaac Díaz Pardo, a esencia do seu ser, o seu temperamento, o seu humor, o seu amor e a súa transcendencia.  Cremos na utilidade deste tipo de manifestacións, pois chegan ao íntimo d

Subimos con Fernando Rodríguez e Bandín na Nave Espacial de Isaac

Imaxe
Detalle de Soñador (obra de Bandín - BND) O texto é ben imaxinativo, ao igual cas explicacións sobre a imaxe que o acompaña. O primeiro resulta ser da autoría de Fernando Rodríguez Gómez e na estampa -de Bandín, BND- recréase a faciana de Isaac Díaz Pardo ao tempo que se reinterpreta a nave espacial que este creara noutro tempo.  A nave espacial (autor: Isaac Díaz Pardo) Sen dúbida a caricatura maniféstase cun brillo especial, pois alén de estar confeccionada con pigmentos acuarelados, estes de xeito cíclico -case turbulento- deseñan o rostro do "Señor de Sargadelos". Toda esa simboloxía ancentral empregada na súa cerámica conecta a Isaac coa petróglifos, cos celtas e incluso a arte románica... Espirais dextróxiras e levóxiras, rosetas e trísceles, xeometrías angulares e un mar de acuarela deixan ver aqueles ollos grandes en forma de peixe.  Isto grazas a Bandín, mais os parágrafos de reflexión, crítica e fantasía non son indignos para nada dunha ovación. O aplauso sae expo

Emilio Ínsua, Ediciós do Castro e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Isaac - Ediciós do Castro Marabilloso é o artigo que hoxe publica, neste fogar da lembraza, Emilio Xosé Insua . O autor, con profundidade e rigorosidade, elabora un ensaio no que aborda "As Edicións do Castro e o xénero poético'. Que necesarios son este tipo de artigos que nos deixan ver, en amplitude, todo un horizonte apenas distinguíbel dende a  parcialidad, dende a visión particular e pouco recompiladora! Xa que non se pode discutir que esta importante achega de Emilio Insua serve para abrir os ollos de moitas persoas, tanto quizais como os daquelas figuras que Isaac debuxaba nos seus retratos.  Nestas páxinas, de arduo traballo, elaboradas por Insua fica un bo quiñón das mulleres e homes que, dende Edicións do Castro, tiveron acubillo para espallar a súa creación literaria e hoxe, curiosamente, non son "uns ninguén". Son persoas, homes e mulleres, dispostas a gastar unha lingua que debe continuar viva. Porque o autor de tal ensaio devece polo idioma ( Sempre en

De Carmen Villar a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
" Encantoume que el me vira coma a Carmen de ollos grandes abraiada pola súa forza " (debuxo de Isaac Díaz Pardo) Lemos os seus versos, remoémolos, gustamos de retelos no padal por uns instantes, saboreamos todos e cada un dos seus fonemas e as nosas neuronas vanse nutrindo. A historia fica tamén na palabra, porque dende o idioma as papilas gustativas encontran o recordo, a identidade, o compromiso... E iso, sen dúbida, foi o que se nos suxeriu ao ler os versos de Carmen Villar, unha xornalista que foi quen de conversar e tratar a Isaac: " Logo por uns cantos anos compartín con el unhas cantas conversas cheas de razóns e puiden albiscar os seus valiosos tesouros como gardián da memoria ". Dicimos cerámica e vén á boca a forma do caolín, dicimos cobalto e vén á lingua a palabra Sargadelos... E como nos fabulosos versos de Carmen Villar, aterran esfinxes, maletas, sereas, oportunidades e sinfonías. Beizóns, Carmen! Saúde e palabra! benquerido isaac: farto de que levar

Alfonso Costa, dende o Alento Esbravexo, e para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Estuda na Escola de Artes e Oficios na Llotja de Barcelona, está entre os fundadores do Foro Cultura Solidaria Galega e, en 1972, obten unha bolsa da Fundación March para estudar en Florencia. As súas mostras percorreron, ademais de Galiza (o seu país natal, pois é natural de Noia), diversas cidades de Alemaña, Suíza, Francia, Portugal, Bélxica, Cuba, Estados Unidos, Arxentina e México, entres outros estados. Se vos damos unha outra pista igual adiviñades de que artista se trata: realizou varios cartafoles de augafortes, un para a Longa noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro; outro para Tempo de Compostela de Salvador García Bodaño e incluso para Paisaxe de baleiro , con poemas de Eva Veiga. Efectivamente, estamos perante o noiés Alfonso Costa , un dos nomes máis singulares das artes plásticas deste país. Velaí os seus recoñecementos nacionais e internacionais, alén de ter moitas obras distribuídas en museos e coleccións públicas de todo o mundo. Porque a obra de Alfonso destaca den

Álex Vázquez-Palacios con Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Chegamos ao estudo de Álex Vázquez-Palacios . As obras penduran das paredes como se fosen fiestras abertas á paisaxe... Todo o mar escorrega por elas, ao igual que a clorofila que exhalan as fragas tinguidas de acuarela, acrílico e óleo. O colorido é impactante, pois enreda cos clarescuros e con pigmentos brillantes que fan do real algo fantástico. Mais na execución da obra existe certa percusión pianística: os pinceis -de diversos grosores- impactan contra o lenzo con musicalidade, de forma rítmica e acompasada. Isaac Díaz Pardo (autor: Álex Vázquez-Palacios) E aínda que as obras contrastan coas da súa filla, Amelia Palacios, ambas conviven en harmonía dende a diferenza: os mares que se encristan en fervenza de cor (provocadas todas por Álex Vázquez), apousentan coa tranquilade das rías que se desdebuxan entre as brétemas de Amelia (con eses fantásticos replandores brancos no horizonte: muxicas de esperanza perante a tempestade?).  Mais no estudo fincan outrosí retratos monocromos e e

Mercedes Espiño... con Díaz Pardo, Díaz Baliño e Ánxel Casal

Imaxe
A de Mercedes Espiño Amil é unha manda que gusta de amosarnos a vida da familia Díaz-Pardo, naquela Compostela dos anos vinte e posteriores, naquela urbe que ferve coas Irmanadades da Fala, coas artes plásticas, cos cadros de declamación, co rebulir do alumnado da Universidade e Seminario de Estudos Galegos (coa vista posta no país)... E así a autora deste fermoso texto percorre os ambientes composteláns daquel entón ao tempo que peta nas portas de cada unha das vivendas dese fogar de artistas... Mercedes amais de ter sido profesora de lingua e literatura, é unha persoa tremendamente interesada nas figuras de tres grandes da cultura nacional: Camilo Díaz Baliño, Ánxel Casal e Isaac Díaz Pardo. Resultado disto son os seus roteiros literarios por unha Compostela cuxas fragrancias nos fan sentir as Irmandades, o Estatuto de Autonomía, a editorial Nós (oxalá tamén a vitoria de Niké)... En verbas de Mercedes, a súa manda -titulada "O Paraíso Perdido do Isaac"- baséase en diversos