De Isabel Pintado para Isaac Díaz Pardo
O Libro de Isaac (obra de Isabel Pintado)
O libro de Isaac é a obra que hoxe nos entrega a pintora, gravadora e docente Isabel Pintado. Polifacética, como se observa, compaxina esta disciplina artística con outras que teñen que ver coa palabra. Velaí a súa vinculación co teatro, a ilustración de libros infantís e a publicación de diversas obras e artigos.
Por outra banda a peza plástica que nos achega é realmente suxestiva, como se gustase de nos enviar unha metáfora da arte céramica: logo do gris, das sombras (da pólvora incluso se queremos) agromou a cor, a imaxe, a silueta, a forma... o azul cobalto combinado con tinguiduras cálidas.
Agardo que vos guste tanto coma a nós... Beizóns, Isabel!
Comentarios
Publicar un comentario