SARA PLAZA ENTREGA A SÚA MANDA A ISAAC DÍAZ PARDO
Árbores-paxaro (autora: Sara Plaza) |
Sara Plaza Moreno, natural da Sierra madrileña, malia as súas orixes manchegas é quen de entender, falar e escribir no noso idioma. A sensibilidade que manifesta fai que poida comprender tanto a realidade do noso país como as razóns polas que determinadas persoas, como Isaac Díaz Pardo, buscaron crear espazos nos que a cultura servise para conformar unha parte principal dos alicerces identitarios. Artista plástica, editora e escritora, algúns coñecémola polas ilustracións que realiza para a obra Mucha gente pequeña, de Gustavo Duch.
Sobre dela indícanos: "Sara é dunha aldea nas montañas ó nordeste de Madrid, por veces escritora, tradutora, dríade..., que aprendeu galego para debuxar pontes e acabou cruzándoas para vir ó Lugo de aceiro e de mel que louvara o poeta na vida, na morte, no amor e no ren. Moi contenta de sumar un bosque á manda de pezas para Isaac. Moi agradecida á asociación Alento Esbravexo. Parabéns pola iniciativa e o traballo".
Ademais de facilitar unha imaxe co gallo de conmemorar o centenario de Díaz Pardo, Sara Plaza entrega estas fermosas reflexións que, coma as anteriormente reproducidas, escribe con bo pulso directamente na lingua de Rosalía:
"Ola, bo serán:
O meu nome é Sara Plaza Moreno, achégolles un debuxo que fixen para participar na homenaxe a Isaac Díaz Pardo polo centenario do seu nacemento.
Tituleino "árbores-paxaro".
Sempre imaxinei Isaac
entre o ceo e a terra
a piques de engalar
a piques de pousar.
Saúdos cordiais,
Sara".
Tituleino "árbores-paxaro".
Sempre imaxinei Isaac
entre o ceo e a terra
a piques de engalar
a piques de pousar.
Saúdos cordiais,
Sara".
Que fermosura, Sara, tanto a imaxe plástica como a literaria de "Isaac a piques de engalar, a piques de pousar, entre o ceo e a terra". A ós as túas palabras elévannos, e hoxe levitamos algo máis.
ResponderEliminarMil grazas!
Isaac sentiríase engaiolado pola exquisita sensibilidade de Sara e polo seu amor á nosa Terra e á nosa lingua...
ResponderEliminarEncántame
ResponderEliminarÉ marabilloso.
ResponderEliminar