Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2021

Gerardo Rodríguez Ramos, Isaac e a arte dende a reciclaxe

Imaxe
Non e non  (obra de Gerardo Rodríguez Ramos) Da terra de Valdeorras é o pintor Gerardo Rodríguez Ramos "Chere", que comenta que quixo participar neste proxecto " porque na miña obra sempre está presente Isaac, xa que ultimamente me dedico a facer grandes mosaicos por toda Galicia traballando con cascallo de cerámica de Sargadelos ".  O autor, co obxecto de participar cunha manda de pezas para Isaac, envía dúas obras. A primeira titúlase " Non e non " e conta cunhas dimensións de 80 por 100 centímetros. Sinala Gerardo que se trata dun " berro contra a violencia de xénero " e " representa unha muller cos brazos en xerra escapando dunha 'manda ". Está inspirada na cerámica de Sargadelos e emprega un espello para crear determinados efectos ópticos. Digamos, logo así, que se mergulla na "upcycled art", pois do refugallo -outrora tamén arte cerámico, avísese!- volve crear arte nun sinuoso proceso cíclico (destrución-creación). E

Xulio Pardo de Neyra, Isaac e o verso

Imaxe
Gaiteiro (obra de Isaac Díaz Pardo) A composición poética que aquí reproducimos chega da man de Xulio Pardo de Neyra, unha persoa tremendamente curiosa e interesada de múltiples disciplinas do saber... É autor de varias obras narrativas, mais tamén dun extenso número de ensaios que ven a luz en diversos tórculos galegos, entre outros os da chorada Ediciós do Castro .  Non hai moito conseguimos o máis recente disco d' A Quenlla , no que Mero Iglesias musica as pezas do trobador Martín de Padrozelos. E isto vén ao caso pois Xulio Pardo de Neyra foi quen de identificar o lugar de orixe dese poeta e músico do medievo, nado no val do Mao (San Salvador do Mao - O Incio) cara ao ano 1075. Segundo o autor, estaríamos perante un dos trobadores coñecidos máis antigos do noso país, polo que a lírica madura e internacional xa se facía ouvir entre finais do século XI e comezos do XII, onde o verso en galego alertaba dun país atlántico chamado Galiza.  Recomendamos, logo así, que se consulte o e

Aves limícolas, Isaac e Susana Bermejo

Imaxe
Composición antropomórfica con aves limícolas Gravados, esculturas, pinturas, debuxos, poemas, cartas, textos ensaísticos... e agora tamén un colaxe dixital para honrar a Isaac. Está confeccionado por Susana Bermejo nun soporte de tamaño A3 e gustou de titulalo Composición antropomórfica con aves limícolas . A autora comenta o seguinte en relación á súa peza:  Composición antropomórfica con aves limícolas  (colaxe dixital de Susana Bermejo) " Esta obra é unha homenaxe a Isaac. A cadeira antropomórica, deseño do artista en 1976, feita en madeira de castiñeiro e ferro formaba parte do mobiliario das galerías Sargadelos conformando unha edición limitada. Esta, aínda estando baleira, evoca unha presenza que as aves arroupa e á que seguen insuflando vida. Unha vida que repousa prácida sobre os seus alicerces. Unhas aves de recente creación que encarnan a pervivencia do traballo que un día emprendeu Isaac. Dunha empresa que segue a explorar novas liñas orgullosa de expandir a súa marca

Unha carta de Antón Costa Rico para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Pois desta volta tocouconos facer de servizo de correos -e con moito gusto- pois ao buzón do Alento Esbravexo chega unha carta de Antón Costa Rico dirixida a Isaac Díaz Pardo. Así e todo, o remitente déixanola ler, pois moitos dos aspectos que indican -e das que informa a Isaac- fomos tamén persoas espectadoras e, nalgunha ocasión, realizadoras. Resulta unha mágoa que o informe de que dende a Xunta siguen os de sempre con "pel de elefante" ante o problema de lingua, de perda paulatina de falantes. Incluso hoxe houbo alguén que nos dicía que até un monumento arquitectórico se restaura e intenta reerguer, aquí o edificio do idioma non conta con esas axudas. Mais non nos desviemos da manda, pois cómpre facer memoria de que Antón Costa -o autor epistolar- aínda que de orixe analuza gasta decote o idioma do pobo que o acolleu a el e á súa familia (procedían de Andalucía). E tanto é así que a maior parte das súas obras están publicadas en galego, lembremos que foi unha das persoas

O azul de Isaac e José Gómez de Bernardo

Imaxe
O azul de Isaac  (obra de José Gómez de Bernardo) Dixera outrora Borobó -Raimundo García Domínguez- aínda que no contexto biográfico do cuntense Xohán Xesús González, que este (antes de ser xornalista) "seguiu o oficio dos seus antepasados, edificadores de catedrais". E ben certa resulta esa afirmación, pois as persoas traballadoras da pedra herdan a prestixiosa tradición de erguer monumentos eternos. Isto vén ao caso porque a obra que hoxe entregamos foi labrada, a golpe de maceta e cicel, por José Gómez de Bernardo -"Pepón". El dise canteiro, pero lembremos que diante dese oficio sempre brilla un artesán e se agocha un artista. Algunhas pesoas, pensémolo ben, poden facer coa pedra case o traballo dun oleiro, como se os minerais que conforman a dureza do elemento a cicelar fosen unha branda e hidratada arxila. Por iso parécennos marabillosos estes oficios, que dan alegrías para a vista pero tamén de xantar: no verbo xido (xerga dos canteiros) chámaselle xantarela a

Isabel Somoza, Isaac e o Fogar de Almas

Imaxe
Sementando (obra de Isabel Somoza) Baixo o título Sementando , e pertencente á serie Fogar de Almas , Isabel Somoza entrega unha peza en cera virxe estampada con augaforte e colaxe depositada sobre a estrutura dun niño. As súas medidas aproximadas son 25 por 28 e 10 centímetros.  Sementando  (obra de Isabel Somoza) Esta obra acompáñase dun texto que explica por que Isabel Somoza gustou de elaborar esta manda. Na literalidade di así: " Hai vinte anos, cando abrín o obradoiro de gravado, fun a Sargadelos a recoller pezas defectuosas coa idea de facer un mural. Pasei un tempo rompendo os pratos e buscando novas formas para darlles unha segunda vida, uns peixes, unhas flores, as ondas do mar... Cando inaugurei o taller Isaac visitouno ben gustoso e humildemente loou o meu traballo, facendo que esas paredes tivesen un valor especial para min ". No que respecta á obra, a nós particularmente parécenos fabulosa pois achega, nese tecido a xeito de niño, un mar de arterias e veas que c

Manuel Fragoso, Isaac e os aliens na cidade que soñaba co ceo

Imaxe
Aliens na cidade que soñaba co ceo  (obra de Manuel Fragoso) Manolo Fragoso conta cunha longa traxectoria como ilustrador de obras literarias e como artista. As súas imaxes podemos velas en editoriais como Xerais, Galaxia, Fervenza, Vía Láctea... e así mesmo en publicacións periódicas como Faro de Vigo e A Nosa Terra. Non podemos esquecer aquelas que aparecen en obras da Universidad de Alcalá de Henares.  Mostras artísticas de Manuel Fragoso realizáronse en Caixa Pontevedra, nas bienais de Pontevedra e Lalín, en Sargadelos (Santiago), en diversas entidades bancarias e en museos como o Ramón Aller (Lalín). No que atinxe a coleccións privadas, as súas obras espállanse por Reino Unido, Suíza, Catalunya, Andalucía, Galiza... Aínda que conta con diversos estilos (ou épocas), a súa obra pode partir do azaroso ao totalmente deseñado, do lúdico á rigorosidade dunha peza surrealista. A combinación de cores, por veces, tende ao fauvismo, polo que xeralmente nunca deixa de sorprender ao espectado

Fernando Porto, Díaz Pardo e unha cabra con ás

Imaxe
Cabra con ás (obra de Fernando Porto) Fernando Porto Mato é unha desas persoas que te asombra por mor da súa sabedoría, do seu ben falar e do seu ben facer. As veces que lle escoitamos un cantar ou un dicir en público sempre foi digno de aplauso, pois nel radica non só o xenio senón asemade a xenialidade.  Pero fagamos unha chamada de atención: Fernando Porto non é un todo completo sen Trinidad Barranco, e viceversa, pois a súa compañeira choia con el no seu laboratorio de ocorrencias, nese fantástico obradoiro estradés. E eles fican acubillados entre centos e centos de pezas cerámicas, no baleiro do molde e na plenitude de milleiros de detalles artísticos, de debuxos, de sedas estampadas con infindos fractais, panos de cores vivas e unha historia agochada enriba e no interior de cada peza. Porto é iso... un furacán de ideas e esmaltes brillantes, un coñemento intenso e inmenso da historia para, logo, adaptala a unha nova realidade plástica. Ou acaso Isaac e Seoane non empregaron un m

María Rey Torrente, Isaac Díaz Pardo e o paxaro_peixe

Imaxe
Paxaro_peixe, pescantina e pescador  (obra de María Rey Torrente) María Rey Torrente, estudante de Belas Arte en Pontevedra, ten formado parte en varias exposicións colectivas no Ateneo Ferrolán e na galería Amelia Búa de Bueu. Alén diso, participa en varios encontros de Arte e Natureza comisariados por Antón Sobral.  María, que quere continuar con ese Alento Esbravexo de mandas... ese que demanda presenza e existencia na figura e memoria de Isaac, entrega unha imaxe dunha obra dela. Baséase na cerámica de Díaz Pardo, facendo explícitas referencias a esta, polo que " a obra fala por si mesma ", como a autora ben sinala. En técnica mixta (acuarela e rotulador), titúlase Paxaro_peixe, pescantina e pescador . E ben certo é que a obra fala por si mesma, pois percíbense chiscadelas firmes á obra de Seoane, ese azul característico da cerámica diazpardiana, as siluetas de carácter independente que saben formar unha unidade temática, costumista, social e real: o mar e as súas xentes.

Ángel Segovia, Isaac Díaz Pardo e a pomba da Paz

Imaxe
Dende o Seminario Galego de Educación para a Paz ( SGEP ) chegounos unha manda en cuxo remite se indica o nome do emisor: "Ángel Segovia Largo". Este mestre sinala que " nos numerorosos encontros para a Paz " celebrados no devandito seminario " sempre agasallábamos aos relatores e ás relatoras cunha pomba de cerámica de Sargadelos ". Por iso, ben necesario resulta entregar hoxe esa pomba a Isaac Díaz Pardo, para que a xunte coa que tamén levou Julio Montes, e xuntos as fagan voar en liberdade... Porque a paz, a liberdade, a igualdade entre persoas, o dereito á vida, á cultura, ao idioma, a desenvolver unha determinada crenza... son dereitos fundamentais do ser humano que sempre deben prevalecer e que, por desgraza, non podemos deixar de reivindicar día tras día, tendendo sempre a man á diversidade e ao respecto. Xa que logo, hai que loitar pola democracia todos os días, non esquezamos que as gadoupas das ditaduras e dos furtos das liberdades veñen soas e c

Selfie na culler (de Isaac). Obra de Moncho Rama

Imaxe
Selfie na culler (obra de Moncho Rama) Primeiro foi o golpe militar, logo a Guerra Civil e posteriormente a ditadura; mais xusto dez anos despois de que os fascistas roubasen o estado coa súa gadoupa, no Castro de Samoedo comezou todo. E ao pé desas torres que houbo quen izou como símbolo do novo poder, da nova facina dun goberno que estruga os pobos, os estados e as xentes, Isaac ergue un novo símbolo da liberdade para o país: Cerámicas do Castro. Ao redor desta empresa, que xa conta con máis dun centenar de asalariados nos albores dos anos cincuenta, iríanse apegando un conglomerado de realidades empresariais, encargadas de rescatar os nosos símbolos, a nosa historia, a memoria e, en certo grao, o país. Todo comezou en Sada, terra dos irmáns Suárez Picallo (aínda que oriúndos de terras estradesas). E de aí, deses mares tan lembrados procede a manda de hoxe. Tráenola Moncho Rama (do lugar do Casteliño) e que se di "fotógrafo amador". El, que busca facer contemporáneos certo

Luisa Abad, Isaac Díaz Pardo e Valentín Paz Andrade

Imaxe
Dunha volta houbo unha iniciativa de trocar o nome ao IES Meixueiro nº 7 de Vigo polo de Valentín Paz Andrade. E así aconteceu, mais -por suxestión de Luisa Abad- Isaac Díaz Pardo entregou unha proposta de anagrama para identificar este centro de ensino.  Valentín Paz-Andrade O acontecido, que relata con detalle a propia Luisa a xeito de carta (ou manda), incorpórase en liñas sucesivas, así como as palabras que Isaac dirixe a esta e dúas profesoras.  A proposta de Isaac seguía a liña doutras tamén deseñadas por el, con esa caligrafía tan nidia e propia que empregou para rotular o nombre do centro e o lugar de localización. Os caracteres, a xeito de ondas, fan enredar a dous peixes, coas súas bocas abertas e ollos alampates, querendo observar o Atlántico (as Cíes, as américas...). Uns ollos semellantes aos dos retratos que trazaba, inmensos, con ganas de coñecer o universo creativo do noso país. Por iso, a manda que nos facilita Luisa é en verdade moi necesaria para comprendermos, unha

Manuel Pereira. Isaac. Sargadelos. Madrid

Imaxe
Natural das Terras da Estrada, concretamente da freguesía de Ouzande, é Manuel Pereira Valcárcel. Reside en Madrid, onde traballou de mestre, e nesa cidade formou parte do grupo poético Bilbao , fundado por volta de 1996. Ocupouse da secretaría da revista Olga , Revista de Poesía Galega en Madrid, que ve a luz en xuño de 2016.  Pereira -escritor- publicou un restra de títulos, coidamos que máis dunha ducia, que abranguen sobre todo os eidos lírico e ensaístico. Así e todo, sobrepasan outras dúas ducias os libros de coautoría.  As persoas que temos coincidido con el sabemos que Pereira Valcárcel é realmente un poeta, pois a poesía -por enriba de calquera outro xénero literario- teno modelado como tal. Pois se o pensamos ben, traballar co verso, estarricalo, fundilo, enredar coas palabras, as emocións e os sentimentos fan que un, de xeito directo ou indirecto, sexa o resultado desas experiencias, por veces íntimas, por veces lúdicas e en tantas ocasións imprescindíbeis para (re)existir.

Pepe de Benedicta, o mar, Baroña e Isaac

Imaxe
Cerámica do Castro vista desde o Castro de Baroña (autor: Pepe de Benedicta) Pepe de Benedicta é un home do mar, un home que coñece a suor que se mestura co salgado no medio das redes, que sabe das paisaxes mariñas e da chamada da buguina... Pepe entende que as areas son abofé o resultado cerámico que realiza o mar ao brunir a pedra, tal fose un canteiro, unha oleira... Non ignora, xa que logo, a importancia dos oficios, das tradicións, dos gremios e da falas.  Pepe sabe dos brazos sufridores de homes e mulleres que traen o pan e o peixe para a casa, coma se trouxesen o maior tesouro pois, ao fin e ao cabo, é a vida; e a terra un envase no que se contén e comprende. Cerámica do Castro vista desde o Castro de Baroña (autor: Pepe de Benedicta) Arestora os oficios tradicionais vanse ceibando da man para ser escravos da báscula, nun tempo en que todo se mide, nun tempo que se mide, que se pesa, como pesa o diñeiro pero non o valor,  a aprendizaxe xeración tras xeración,  a identidade,  e

Carmen Ares, Mimina e Isaac

Imaxe
Isaac e Mimina (obra de Carmen Ares) Carmen Arias e afeccionada á pintura, recitadora de versos e xornalista. Para ela " p articipar nesta marabillosa aventura de Alento Esbravexo é un grande honor. Todo é pouco para este grande home, Isaac Díaz Pardo ". Mais aínda que se diga afeccionada nas artes plásticas a verdade é que resultan máis ca interesantes as súas obras e, en particular, esta que envía para lembrar a Isaac e a Mimina. As formas simbióticas da parella -home e muller- vense complementarias dende o cromatismo, formando un todo que busca a compatibilidade, suxerida dende as cores cálidas ou frías contrastadas coas súas complementarias. No horizonte, polícromo, ízase coma unha vea un faro que deixa entrever os rumbos dos novíos, as derrotas dos naos e os triunfos do país. Os verdes, belidos e aveludados, mimetizan nos fondos porque o que sobresaen son os azuis, os cobaltos, o ultramar, o prusia... eses azuis que falan de vaixelas, de cerámica, de historia e memoria.

Guillerme Coen, Isaac e a soberanía de mañá

Imaxe
Poema de Guillerme Coen Na xeografía arxentina ergue Isaac Díaz Pardo, como bandeira, a Fábrica de Porcelanas da Magdalena, a pouco máis dun cento de quilómetros de Bos Aires. Corría o ano 1955... Seoane ficaba nesas terras, retido por mor das circunstancias políticas españolas, coma tantas outras persoas galegas alí exiliadas, ancoradas na morriña mais agardando con impaciencia o progreso e a esperanza de que un día chegase o retorno.  Uns anos máis tarde nace nesas mesmas terras o autor que hoxe nos aleda o día cun seu poema. El é Guillerme Coen e envíanos unha fermosísima carta que ben nos serve de autopresentación. Velaquí a reproducimos: " Ola, que tal? Quixera contribuír á homenaxe co poema que achego. Moitas grazas.           Cheguei a Compostela aos once anos de idade, despois fun á escola coma outros rapaces do barrio da Choupana para exercer de picheleiro. Son administrativo de profesión, gusto do cine, da natureza e da literatura. Atopo nos libros un recuncho á miña per

Loxo Seixas, Facer Raíces e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Facer raíces (por Loxo Seixas) A estampa resulta impactante, o contido igualmente e as metalinguaxes que xermolan da fotografía fánsenos comprometedoras. Comprometedoras porque teñen que ver co compromiso, co exercicio de interpretarmos que igual algo vai connosco... Quizais, talvez... E por que non?  Certo que Isaac ten as raiceiras na Galiza, mesturadas en todos os nutrientes e augas do pobo (lingua, cultura, identidade, historia, xentes... gremios), mais desa raiceira que medrou en Isaac para conformar a fantástica obra da súa vida, xorden preguntas obvias e imprescindíbeis:  A súa figura fixo grelar raizames noutros seres?  Somos quen de entendermos que a planta debe seguir a medar, gozar de vida e saúde?  Comprendemos que o noso alimento nutricio está na Terra, en toda ela, na codia (tempo, sociedade, conflitos, triunfos) e no substrato (historia, idiosincrasia, palabra, pobo... nación, Galiza)?  O autor desta peza que tanto nos fai reflexionar é Loxo Seixas, un galego nado en  M