Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2020

EDUARDO LISTE LEMBRA A ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Dende as terras do histórico Terzo de Calo (Teo) Eduardo Liste Carro entrega unha manda na honra dun home moi grande que disque todo el cabía nun corpo ben pequeno: Isaac Díaz Pardo .  No vídeo que facilita lembra o seu contacto con el, subliña a importancia da Recuperación da Memoria Histórica e non esquece aquelas persoas que -coma o seu pai e o seu tío, Constante e Faustino Liste Forján , respectivamente- entregaron a súa vida por defender a Democracia e a República.  Isaac e Seoane foron quen de colaborar no rescate desa memoria, a memoria dos demócratas, co obxecto de dignificala e divulgala por medio da cerámica, publicacións, o seminario de investigación, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Investigación, unha multitude de actos e un longo etcétera. Velaquí a gravación que lle fixemos o13 de xullo de 2020.

SARA PLAZA ENTREGA A SÚA MANDA A ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Árbores-paxaro (autora: Sara Plaza) Sara Plaza Moreno, natural da Sierra madrileña, malia as súas orixes manchegas é quen de entender, falar e escribir no noso idioma. A sensibilidade que manifesta fai que poida comprender tanto a realidade do noso país como as razóns polas que determinadas persoas, como Isaac Díaz Pardo, buscaron crear espazos nos que a cultura servise para conformar unha parte principal dos alicerces identitarios. Artista plástica , editora e escritora, algúns coñecémola polas ilustracións que realiza para a obra Mucha gente pequeña , de Gustavo Duch. Sobre dela indícanos: " Sara é dunha aldea nas montañas ó nordeste de Madrid, por veces escritora, tradutora, dríade..., que aprendeu galego para debuxar pontes e acabou cruzándoas para vir ó Lugo de aceiro e de mel que louvara o poeta na vida, na morte, no amor e no ren. Moi contenta de sumar un bosque á manda de pezas para Isaac. Moi agradecida á asociación Alento Esbravexo. Parabéns pola iniciativa e

Fran LaREo elabora unha manda para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Un gaiteiro para Isaac Díaz Pardo (autor: Fran LaREo) FrAn LaREo confeccionou con man artista e certeira unha fermosa peza escultórica para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo . Un gaiteiro para Issac Díaz Pardo , título da obra confeccionada ex professo para esta ocasión, vén a ser un modelado policromado que emprega distintos tipos de minerais. No obradoiro ou laboratorio de FrAn LaREo (Santa Minia de Brión) traballouse esta peza cuxas características son as seguintes: 2 kg de peso, e 27 X 14 X 9 cm de dimensións. Comentarios do escultor Gaiteiro de Sargadelos Velaquí unhas reflexións do propio escultor: " Un gaiteiro para Isaac Díaz Pardo. Sabido é que o intelectual galeguista e polifacético artista Isaac Díaz Pardo deseñou moitas pezas, entre elas algún gaiteiro, todo un símbolo para nós. Sirva este gaiteiro un pouco ao meu estilo e imaxinando unha forma de gaitero, dandolle unha volta máis a esa gaita e gaitero da nosa Galiza ". Fr

CONCHA BLANCO ENTREGA UNHA MANDA A ISAAC

Imaxe
E velaí vén, faiscante, a manda que a prolífica escritora Concha Blanco lle entrega en man a Isaac Díaz Pardo .  Cando o vento sopra a favor , título que rotula o texto da referida autora, é unha sentida homenaxe a aquela persoa, Isaac, que foi o seu primeiro editor, o primeiro impulsor da súa produción cultural (como aconteceu con tantos outros/as autores/as galegos/as). Que necesario resultou ser, quizais imprescindíbel, Ediciós do Castro !!!  CANDO O VENTO NON SOPRA A FAVOR Concha Blanco, Cousiñas prá escola (Ediciós do Castro 1984) Isaac Díaz Pardo foi quen puxo a primeira pedra nos alicerces da miña obra literaria. Non sempre se abren as portas cando petas nelas, pero ás veces amais de abrírense as portas tamén se franquean as ventás. Isto foi o que me ocorreu a min cando timidamente contactei con Edicións do Castro coa intención de amosarlle as miñas “Cousiñas” e os meus “Contos” na nosa lingua. Era consciente de que eu non tiña un nome no mundo edit

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Antonio Quesada Rodríguez , alén de médico, é artista plástico e músico. Para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo compuxo esta marabillosa peza musical titulada Canción de Espertar . A este respeto, o autor achega a seguinte reflexión: " Como unha canción de espertar que nunha mañá de choiva alegra os oídos de orfos e vellos, de pobres e enfermos, de viúvas ou viúvos ou daqueles que sofren a soidade ou o desamor; así, ti, Isaac... alegras co teu talento os corazóns, pois coa túa arte lograches socializar a creatividade ". Seguramente que vos ha gustar tanto coma a nós. Velaquí fica o enlace para que o vexades.

MANDA DE ANTONIO SEIJAS A ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
O ilustrador e escritor Antonio Seijas entrega esta manda a Isaac Díaz Pardo a xeito de retrato. Totalmente identificábel vese á alma mater de Sargadelos rodeado dun bosquexo cunha figura antropomorfa e unha vaca.  Evidentemente pon en contacto a Isaac con aquela ilustración que en 1967 deseña para o libro Memorias dun Neno Labrego , de Xosé Neira Vilas . A edición dese libro ve a luz dende Ediciós do Castro en 1969. Seijas, inspirado pola produción plástica de Díaz Pardo, tamén bosquexa na súa ilustración unha muller protexida por unha galla.

NO DÍA NACIONAL DE GALIZA, UN ALENTO ESBRAVEXO PARA ISAAC

Imaxe
Carroza alusiva ao Batallón Literario Compostelán. Deseño de Camilo Díaz (ano 1932) para conmemorar o Día Nacional de Galiza As persoas que constituímos  Alento Esbravexo queremos conmemorar este Día Nacional de Galiza tendo presente dúas figuras fundamentais do noso país: Isaac Díaz Pardo  e Camilo Díaz Baliño .  O primeiro deles, dende Sargadelos e Cerámicas do Castro, entregou (xunto con todo o seu equipo) un número moi significativo de emblemas galegos: "graais" protexidos polas cidades titulares das antigas sete provincias. Camilo Díaz Baliño Cartela para a carroza alusiva á provincia de Ourense Ademais esas pezas cerámicas, con cruces e cálices, non deixan de nos lembrar a aquel gran Camilo Díaz Baliño , pai de Isaac, asasinado en Palas de Rei un 14 de agosto de 1936. O mestre da cartelaría e escenografía galegas, artista plástico das Irmandades da Fala, adoitaba lanzar na primeira plana dalgúns xornais unha estampa -simbólica e icónica- para con

UNHA MANDA DE MARÍA CANOSA PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
A enxeñeira e escritora María Canosa gustou de lle entregar a Isaac Díaz Pardo un fermoso caligrama . Nel bosquéxanse aquelas combinacións xeométricas, case espirais ou labirintos, que nos conectan coa cerámica deseñada polo homenaxeado e, por extensión, coa iconografía ancestral da NosaTerra . Agardamos que vos resulte tan atractiva esta obra como nos pareceu a nós e que vos animedes a descubrir o contido de composición tan íntima.

UN SONETO DE JULIO MONTES PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Pomba (Sargadelos) Julio Montes Santiago é quen de recordar o centenario de Isaac Díaz Pardo cunha fermosa composición poética, concretamente un soneto, que realiza ex professo para esta ocasión. O autor -médico internista en Vigo, poeta e escritor de libros moi interesantes que combinan a creación literaria coa medicina - malia non ser natural de Galiza agasállanos cuns sentidos versos escritos en galego. Velaquí a manda que entrega a Isaac. O exiliado protector A Isaac Díaz Pardo         Voa, cara pombiña azul e branca         cruzando pola noite estrelecida         chorando pola terra tan ferida         por un lúgubre terror que o pai arranca.         Érguese a túa voz cálida e franca         para avivar a Galicia tan durmida         dunha ruda España tan esquecida            nunha noite de pedra que a estanca.         Home bo, mostrando sempre xentileza         inventas Formas novas de beleza,         co teu nome bíblico escollido,      

UNHA MANDA DE ADELA FIGUEROA E CELSA SÁNCHEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
As biólogas Adela Figueroa Panisse e Celsa Sánchez Vázquez gustaron de nos traer unha súa manda para honrar a memoria de Isaac Díaz Pardo. O título da súa composición é A derradeira conversa, cuxo texto foi composto por Adela e a fermosa e simbólica ilustración por Celsa Sánchez Vázquez. A este respecto, a primeira das autoras sinala que "esta obra pretende recrear a última vez que vimos a Isaac, com quem mantinhamos fonda e longa amizade de muitos anos. Quer por ter eu participado nos diversos Encontros de Geologia do Noroeste Peninsular, organizados no Castro. Do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e com Isidro Parga . Quer por diversas atividades em que ele sempre ajudou .Isaac recolheu no Castro todo o material valiossisimo do trabalho de Dom Isidro Parga Pondal feito em Laxe, durante todos seus anos de exilio interior. Este material figura agora na Universidade da Corunha salvado e organizado por Joan Ramom Vidal Romani (antiguo secretário de Laboratorio Xeolóxico de Laxe) que

UNHA MANDA DE CARLOS L. BERNÁRDEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
O crítico da arte Carlos López Bernárdez achéganos, como homenaxe a Isaac Díaz Pardo , o seguinte artigo que publicou outrora no Faro de Vigo . Velaquí as súas reflexións. ISAAC DÍAZ PARDO PINTOR NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO               A Parella (1966) Obra de Isaac Díaz Pardo Neste ano 2020 cúmprense cen anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920- A Coruña, 2012) personalidade central no mundo cultural da Galicia do século XX que goza dunha ampla consideración artística e social e de unanimidade en torno á importancia do seu labor a prol da cultura galega, situado como figura sobranceira da vida económica, social e creativa do noso país.  Como artista plástico, a súa formación, realizada na Academia de Belas Artes de San Fernando, está –como non podía ser doutro xeito- moi condicionada pola dura posguerra nun  período en que o espazo cultural galego no propio país ficaba reducido á mínima expresión e non garantía practicamente ningunha

UNHA MANDA DE ANA PILLADO VEGA PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Filomena (autora: Ana Pillado) Nadadora nocturna (autora: Ana Pillado) A seguinte manda-homenaxe entregada para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo procede de Ana Pillado Vega , quen explica as súas pezas cerámicas do xeito que reproducimos na súa literalidade. " No ano 2001 tiven a fortuna de asistir á 'Escola Libre de Cerámica do Castro' nas instalacións da fábrica en Samoedo (Sada) . O prestixio da 'Escola'   e a posibilidade única que brindaba desenvolver a aprendizaxe nun entorno tan privilexiado, convertían a experiencia nunha oportunidade moi demandada e recoñecida internacionalmente. De feito, entre os asistentes había ceramistas non só do Estado español senón tamén   doutros países de Europa e América. Parella (autora: Ana Pillado) Premio da 'Asociación de escritores e escritoras en lingua galega' (autora: Ana Pillado) A 'Escola' era absolutamente gratuíta e durante a aprendizaxe traballam

CARICATURA DE ISAAC DÍAZ PARDO POR HÉITOR PICALLO

Imaxe
Isaac Díaz Pardo segundo Héitor Picallo Nesta seguinte entrada facilitamos unha caricatura que de Isaac Díaz Pardo realiza en 2012 Héitor Picallo . Está elaborada en técnica mixta, pois combina acuarela, tinta chinesa, recortes de xornais e teas de tapizar. Tal peza foi exposta na mostra  Isaac Díaz Pardo: Luz e Compromiso , coordinada e ideada por Maka Arca Camba e Ana Mosquera. Inaugúrase no IES número 1 de Ordes no citado ano. Alén diso, a caricatura publícase no libro Coa Lingua na Terra   (Toxosoutos 2013) do propio Héitor Picallo, ao carón dun manifesto titulado Isaac Díaz Pardo e o adeus ao Instituto Galego de Información , asinado por varias ducias de persoas vinculadas á cultura deste país que fora lanzado en xaneiro de 2010.

BASES DETALLADAS

Imaxe
PARTICIPANTES Preme aquí e descarga  as bases completas Poderán participar: persoas a nivel individual, ou colectivos. No caso de ser un traballo en grupo, deberase indicar o nome deste e os participantes do mesmo, non habendo restricións en canto á idade, sexo, nacionalidade,… TIPO DE DOCUMENTOS A continuación detállanse diversos tipos de documentos e como se deberán enviar ao noso correo: Obra plástica : cada participante deberá enviar varias imaxes da peza coa que quere participar, en alta calidade e en formato jpg . Textos : No caso de ser texto deberase enviar en formato pdf . No seu defecto, admitiranse: .doc, .odt, .rtf. Pezas musicais, textos lidos ou recitados , deberanse enviar en formato mp3, mp4 ou wav. Vídeo, animación, danza, música con imaxe en movemento, performance, teatro, etc . os formatos serán: mp4, mkv, ou wma. CANTAS OBRAS Cada participante (individual ou colectivo) poderá enviar un máximo de dúas  obras, e estas poden ser

QUEN SOMOS ALENTO ESBRAVEXO E QUE BUSCAMOS

Imaxe
O MOTIVO Isaac Díaz Pardo (ilustración dixital de Martiño Picallo) Neste ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo . En que casa non temos unha das súas pezas? Quen non agasallou cunha delas ou cun dos libros de Ediciós do Catro? Quen non gozou dalgunha das súas tendas, galerías de arte, casa da cultura? Quen non sentiu orgullo da fabrica de Cervo ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside ? QUEN SOMOS Alento esbravexo. Somos un grupo de persoas que non queremos deixar pasar esta data sen ofrecer a nosa contribución e a de todas aquelas dispostas a pór unha flor/peza nesta celebración. Somos sociedade civil, con toda a humildade e a grandeza, disposta a seguir recoñecendo a un dos nosos. El foi un expoñente representativo desta cidadanía activa sempre en disposición de botar a andar, cando foi necesario. Convocámonos ao redor desta figura que representa en moitos aspectos (arte, artesanía, edición, empresas culturais e investigación a prol de fo