BASES DETALLADAS

PARTICIPANTES

  • persoas a nivel individual, ou
  • colectivos.
No caso de ser un traballo en grupo, deberase indicar o nome deste e os participantes do mesmo, non habendo restricións en canto á idade, sexo, nacionalidade,…

TIPO DE DOCUMENTOS


A continuación detállanse diversos tipos de documentos e como se deberán enviar ao noso correo:
  • Obra plástica: cada participante deberá enviar varias imaxes da peza coa que quere participar, en alta calidade e en formato jpg.
  • Textos: No caso de ser texto deberase enviar en formato pdf. No seu defecto, admitiranse: .doc, .odt, .rtf.
  • Pezas musicais, textos lidos ou recitados, deberanse enviar en formato mp3, mp4 ou wav.
  • Vídeo, animación, danza, música con imaxe en movemento, performance, teatro, etc. os formatos serán: mp4, mkv, ou wma.

CANTAS OBRAS


Cada participante (individual ou colectivo) poderá enviar un máximo de dúas obras, e estas poden ser do mesmo tipo ou diferente (isto é, pode presentar por exemplo, dous debuxos ou un debuxo e un texto,…)

ENVIAR TAMÉN


Xuntarase unha pequena ficha cos datos persoais (no caso de participantes a nivel individual) ou datos do colectivo e integrantes (no caso de colectivos), título da obra, técnica, etc. e cos que quere aparecer cando se faga público e un pequeno texto explicativo onde se describa o traballo presentado e se detalle en que está inspirado (peza plástica de Isaac, momento da súa vida ou a súa vida en xeral, escola de Isaac, etc.) o mesmo ca se fose unha reinterpretación dunha obra de Isaac ou escola do mesmo.

DATA LÍMITE DE ENTREGA


Estabelecemos como data límite de entrega o 13 de agosto de 2020.

CORREO DE ENVÍO E DÚBIDAS


Estes dous documentos (obra presentada + datos persoais, da obra e texto explicativo deberanse enviar a: alentoesbravexo@gmail.com
No caso de vídeos ou outro tipo de documentos demasiado pesados, deberase enviar unha ligazón descarga (existen webs tipo dropbox, wetransfer, etc. doados de usar onde se poden subir este tipo de documentos)
Se houber algunha dúbida, fáinola chegar e tentaremos aclarala.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

QUEN SOMOS ALENTO ESBRAVEXO E QUE BUSCAMOS