Asociación Terra de Outes con Isaac Díaz Pardo
Estas marabillas de texto e de imaxe, chegadas a xeito de manda para entregar en man a Isaac Díaz Pardo, proceden da Asociación Cívico-cultural Terra de Outes, un colectivo -deses que fan falla no país, polo tanto imprescindíbeis- que reacciona diante das alarmas ambientais ou da vulneración dos dereitos e liberdades colectivas. Actúa incluso coma un catalizador social que dinamiza a vida cultural da bisbarra de Outes. Por iso o activismo dos seus compoñentes ten que ver coa literatura, polo tanto tamén co idioma, coa difusión e protección do patrimonio, coa recompilación da historia da comarca e coa catalogación de feitos antropolóxicos e etnográficos significativos. As culturas material e inmaterial son as trabes mestras deste colectivo tan necesario. A el pertence o autor do texto que liñas abaixo reproducimos, e que non é outro que Ramón Blanco Fernández, persoa xa ben coñecida nos círculos culturais e literarios como gran dinamizador que é, ademais de fabuloso poeta. Xoán Xosé Ma