Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, por Esperanza Lema
Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (autora: Esperanza Lema Bouzas) |
A "paisaxe en Esperanza" identificámola cun raio verde que penetra na retina de todas as persoas que contemplamos a súa obra: realmente, unha estampa que nos aproxima ao coñecido (ao familiar) e á vida cotiá.
Non hai dúbida diso, mais con ela sempre quedan recunchos ignotos. Saber da súa Maternidade en pedra é unha clara epifanía a outro contexto. E que fermoso que unha pedra se saiba parir en nai...!
Velaí que esta maternidade nos sexa ben próxima (coma á nación, coma a unha avoa tamén chamada mamá e que nos enche de aloumiños), pero así mesmo é emotiva pois foi quen, logo do bautismo laico, confirmala cun novo nome enmarcado na memoria: "Homenaxe a Isaac Díaz Pardo".
Así o deixa a autora indicado. Beizóns, Esperanza, e moita cor para estes días cinsentos!. Ti xa sabes como facelo.
Comentarios
Publicar un comentario