Iria Ribadomar, Isaac e a nova ilustración galega
Isaac Díaz Pardo (obra de Iria Ribadomar) Debuxei a Isaac traballando, sumerxido en proxectos, e ao fondo unha das moitas probas de patróns decorativos para cerámica do Laboratorio de Formas. Máis a verdadeira protagonista da ilustración é a súa mirada, algo que sempre me fascinou de Isaac, unha porta aberta a un mundo atemporal, no que as luces e as sombras son imposibles de separar as unhas das outras, un ollar único, un "Ollar Novo" . Ilustración de Iria Ribadomar Deste xeito explica a súa obra a ilustradora, artista e debuxante Iria Ribadomar Molina. Ela é unha das grandes referencias da ilustración galega contemporánea, que sabe mergullarse na historia de todas aquelas mulleres esquecidas (polo noso país) pero que colaboraron na sustentación da cultura (do noso país) e do idioma (nacional)... Pensamos en Lolita Díaz Baliño -tía de Isaac Díaz Pardo- da que ela elaborara un fermoso cartaz. Alén doutras actividades, Iria desenvolve un proxecto gráfico denominado Deica