Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2020

De Sebastián Paz, música para Isaac

Imaxe
Pola Primavera (compositor: Sebastián Paz) O compositor Sebastián Paz Suárez anosa celebración do centenario de Isaac Díaz Pardo con esta composición tan belida (música e letra), que nos trae un outro xeito de conmemorar a existencia deste mestre da artesanía galega, das artes gráficas, do mundo editorial, da loita pola recuperación da memoria histórica... Mestre, compositor, amais de directivo dunha coral madrileña, é quen de nos facilitar non unicamente a letra senón tamén as partituras desta fermosa obra.  POESIA E MUSICA DEDICADA A ISAAC DÍAZ PARDO POLA PRIMAVERA Cantos Harmoniosos na veira do río. Os paxaros cantan con moito agarimo. Sobre os ameneiros, carballos e xestas bailaban contentas rulas e lavercas. Bailaban as fadas Por riba das flores. Contábanse os nenos segredos de amores. Un dÍa fermoso de amor e ledicia. As nenas cantaban fermosas cantigas. Vestían as mozas moitísimas cores pola Primavera espertando amores. Pola Primavera  (compositor: Sebastián Paz) Pola Primavera 

UNHA MANDA DE MARICA CAMPO PARA ISAAC

Imaxe
Dos eidos da "Terra Brava" de Lugo chega ás nosas mans esta peza textual conmemorativa de Marica Campo , adicada a Isaac. Tal como se fose a mesma historia do Rei Lear de William Shakespeare, achéganos unhas lembranzas vividas e compartidas, a través dun alento esbravexo que reclama xustiza. *** Como o rei Lear Tería que lle pedir desculpas a Isaac Díaz Pardo por comparalo cun rei, a el que, sen dúbida, era republicano. Porén, coas palabras que Shakespeare pon en boca de Corelia, a filla dilecta de Lear, quero iniciar esta breve manda: “Non somos os primeiros que, obedecendo as intencións máis honradas e querendo obrar ben, caeron nas maiores desventuras” .  Os motivos dun dos galegos máis egrexios do século XX ben se poderían cualificar  así, de honrados e cheos de boa intención. Mais sería inxusto deixalos só niso. A creatividade, intelixencia e sinxeleza dunha persoa así, merecen que o xuízo da historia lle sexa –como lle é- máis favorábel que o das leis interpretadas des

UNHA MANDA CHEGADA DAS TERRAS DO SOL NACENTE PARA ISAAC, FEITA POR TAKEKAZU ASAKA

Imaxe
Flores de Iris , por Ohara Koson Das terras niponas chéganos a manda que hoxe presentamos. Pertence esta a Takekazu Asaka , un profesor de filoloxía románica na  Universidade Tsuda  (Toquio) moi vencellado coa Galiza dende 1975, cando caeu nas súas mans un exemplar do xornal d' A Nosa Terra en Madrid. Dende entón o seu amor pola lingua, literatura,... e cultura galega en xeral non fixo máis ca medrar. Chega a publicar varias Gramáticas de lingua galega para xaponeses e traducir á súa lingua materna obras de Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Uxío Novoneyra ou as cantigas do Xograr Martin Codax . Grazas a esta entrega sincera á patria galega e a súa difusión (en verbas de Francisco Fernández Rei) foi nomeado embaixador da lingua galega en Xapón e académico correspondente  da Real Academia Galega. De tantas ocasións que visita a nosa terra gañou o sobrenome cariñoso de Takiño entre todas aquelas persoas que o coñecen e tratan. Isaac foi un deles. E é por iso que nos envía uns ver

A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS E A SÚA MANDA A ISAAC

Imaxe
Nesta iniciativa d' Unha manda de pezas para Isaac tamén participa a Asociación Galega de Editoras . Achéganos un texto onde podemos (re)descubrir a faceta de Isaac como editor. ISAAC EDITOR O 16 de decembro de 2006, durante a segunda Noite da Edición da Asociación Galega de Editoras, celebrada no Liceo Casino de Pontevedra, o noso gremio nomeaba a Isaac Díaz Pardo Presidente de Honra desta Asociación . (Naquel acto tamén se recoñecía a Sabino Torres cun Premio á Edición Histórica). Dende ese 2006 Isaac pasaba a ser o primeiro, e único ata hoxe, presidente de Honra da Asociación Galega de Editoras, o colectivo que, creado en 1982, integra hoxe corenta selos editoriais e o 90% da produción editorial do país. A dimensión como editor de Isaac Díaz Pardo é fundamental para entender a reconstrución cultural que viviría Galicia, directamente dende a Transición, pero xa moitos anos antes, en plena ditadura, dende comezos dos anos sesenta. Por una banda, el representa, na súa propia figura

A MANDA DE MENINHEIRA PARA ISAAC

Imaxe
Mónica Fragueiro Carrera, máis coñecida como Meninheira fainos chegar unha alfaia para Isaac, facéndolle unha chiscadela ao mesmo tempo a Rosalía de Castro. Cando lle indicamos que nos falase un chisco sobre ela, sen dubidalo díxonos: Ainda que os papelinhos do governo dim que tenho 48 anos, eu juro-vos que nom passo dos 20, tamém conhece-me como Mónica Fragueiro Carrera, mas hai moitos anos que sou meninheira, meni. E meninheira é nome que emprego nos meus emprendementos como freelance. Sou desenhadora gráfica, ainda que tamém elaboro material educativo imprimível. Nai de três, tamém milito a favor da criança respeitosa e a liberdade educativa. No que atinxe á "peza" que nos presenta explícanos: Para o  8M do 2019 e usando um prato e um'ha figa -ambalas duas pezas de Sargadelos- montei um símbolo feminista, alonxado do mais empregado, o símbolo coa cruz, que como saberedes vem do espelho de venus, o punho ergueito tem um significado moito máis poderoso, e ademai

UNHA MANDA DE XAQUÍN NOVOA PARA ISAAC

Imaxe
Xaquín Novoa , fotógrafo e sociólogo, ten realizado un bo número de exposicións individuais e colectivas das que cómpre resaltar aquelas instaladas na Casa da Conga, na Galería Sargadelos e na Casa da Parra (en Compostela), nos Ateneos Ferrolán e Ourensán, na Casa de Galicia (en Madrid)... Tan importante como estas é a que percorre as distintas sedes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), sendo títulos das súas mostras:       Fiestras (1987)       Cables (1987)       Gresite (1989-1990)       Feitizos cativos (1995) Da súa autoría é  Cabeleira de Pedra , que contou coa participación de Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes. Por iso, ante a sensibilidade que manifesta, non quixo perder a ocasión para nos enviar unha súa "peza" adicada a Isaac Díaz Pardo. Con ela resúmese parte dunha historia escrita en cerámica e palabra impresa, narrada en azul e branco e tinguida de esperanza cultural.

UNHA MANDA DE ALOIA E MAMI PARA ISAAC

Imaxe
Man, manciña, tan, tan de Aloia e Mami A peza de hoxe titúlase   Man, manciña, tan, tan  e fáinola chegar un colectivo que se dá en chamar Aloia e Mami ; isto é: unha nena chamada Aloia, de 3 anos, e a súa nai Tareixa Martínez (máis coñecida nas redes como Tareixa Cereixa). Unha "peza" feita con pintura téxtil, plastilina e rotuladores sobre papel e na que usaron, ademais de pinceis, as propias mans. O importante para a súa elaboración, con independencia de realizalo con moito cariño e sentimento, é a intención de vencellar a Isaac coa  lingua de signos .  Animámosvos, pois, a descubrir que din esas mans que están debuxadas. Coméntanos Tareixa: Para min Isaac é Sargadelos, e Sargadelos é Isaac, e medrei nunha casa chea de cousas de Sargadelos: a casa da miña avoa materna. Miña avoa Teresa tiña unha chea de animaliños de Sargadelos no salón e a vaixela que inda agora, máis de 10 anos despois de que falecese, seguimos a usar para as festas. Na parede da entrada da súa casa aín

UNHA MANDA EPISTOLAR DE JUAN FERNANDO DE LAIGLESIA A ISAAC

Imaxe
O profesor Juan Fernando de Laiglesia, Catedrático emérito da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, fainos chegar a súa correspondente "achega" para incorporala a "Unha manda de pezas para Isaac". " Benquerido Isaac: O primeiro que fixen cando me instalei en Pontevedra para formar a Facultade de Belas Artes foi buscar como poder falar contigo e pedirche a túa opinión sobre o estado da arte na Galiza. Recibíchesme inmediatamente en agosto de 1990 no IGI (Instituto Galego de Información) onde a cociña, as mesas triangulares deseñadas por ti, a sala de reunións, o arquivo e a idea da nosa terra parecían ser o mesmo; toda unha inxección de espírito, un concepto de territorio e unha filosofía de vida. A miña intención era asegurar que houbese un fío condutor dende o Seminario de Estudos Galegos ás Belas Artes na Universidade do Noroeste Ibérico. Uns meses despois, no edificio do Fogar Provincial na rúa Serra de Pontevedra que acolleu os nacentes anos

A LIBRARÍA COUCEIRO ABRE UNHA FIESTRA PARA DÍAZ PARDO

Imaxe
Escaparate da Libraría Couceiro (22 de agosto de 2020) - Centenario do Nacemento Isaac Díaz Pardo Con 51 anos achegando libro en galego e portugués aos lectores e lectoras, a Libraría Couceiro quixo homenaxear a I saac Díaz Pardo por medio dun escaparate. Libros editados en Ediciós do Castro, obras sobre Isaac, carteis de cego, pezas da Cerámica do Castro e de Sargadelos que lembran o intelectual que “facía cacharriños”, como el mesmo dicía. Unha banda en papel anuncia o motivo: Homenaxe a Díaz Pardo no centenario do seu nacemento 1920-2020 ; chega das mans dunha pintora e poeta, Soledad Pite, moi querida na cidade, porque nela tamén se fan presentes as palabras de Díaz Pardo: “Conten comigo no que poida”.  Participaron na organización, xunto coa familia Couceiro,   as dúas profesoras que en 2012   puxeron en marcha a exposición Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso , Maka Arca e Ana Mª Mosquera . O escaparate dunha libraría é unha xanela á cultura e á súa celebración, unha exposición d

HOMENAXE A ISAAC DÍAZ PARDO NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO (22 de agosto de 2020)

Imaxe
A mediados do mes de xuño, un grupo de persoas (Pilar Sampedro, David Otero, Héitor Picallo, Martiño Picallo, Maka Arca e Ana de Vilatuxe) decidimos levar adiante unha iniciativa que recollese a participación da sociedade civil para homenaxear a este home infinito , o home máis querido de Galicia , en palabras de Manolo Rivas. Desde o primeiro momento proxectabamos unha homenaxe que consistiría, en principio, nunha exposición virtual aberta, na que puidesen participar xente do común e artistas recoñecidos de dentro e fóra de Galicia, con “mandas” de distintas temáticas, diferentes expresións artísticas, idades, procedencias...  O 8 de xullo inaugúrase o blogue  ( https://mandadepezasparaisaac.blogspot.com/ ) informando da proposta do colectivo  Alento esbravexo  e detallando as bases do proxecto. A partir dese momento, o noso soño convértese en realidade: até nós van chegando pezas e máis pezas até arredor de 250: poesía, lembranzas, artigos xornalísticos, ensaios, vídeos, vídeo-poema

UNHA MANDA DE MAKA ARCA E ANA MARÍA MOSQUERA CHEA DE LUZ E COMPROMISO PARA ISAAC

Imaxe
Cartaz da exposición Luz e Compromiso - IES número 1 de Ordes - maio-xuño 2012 (deseño: Martiño Picallo) A peza que vos presentamos hoxe procede de dúas profesionais do ensino público, Maka Arca e Ana María Mosquera, que aló polo 2012 lles deu por reivindicar a figura de Isaac Díaz Pardo entre o alumnado do IES núm.1 de Ordes (A Coruña) mediante unha mostra que abranguía diversos ámbitos da vida e da profesión. Esta mostra foi rotulada co nome “Isaac Díaz Pardo. Luz e Compromiso” e tivo tal aceptación que mesmo estivo noutros centros de ensino do país como o IES de Brión , CEIP de Touro , o IES Lamas de Abade en Compostela (todos eles na provincia da Coruña) ou o CEIP Aurelio Rey García de Cuntis (na de Pontevedra) ou na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Aínda é hoxe o día que está dispoñíbel para todos aqueles que o precisen. Esta é a alfaia que nos mandan Maka e Ana, recoñecidas defensoras de figuras egrexias coma a de Isaac Díaz Pardo

A MANDA DE MERO COA MEMORIA DE ISAAC

Imaxe
Debuxo de Isaac Díaz Pardo (ano 1973) Baldomero Iglesias Dobarrio - Mero - súmase á homenaxe a Isaac Díaz Pardo cun texto no que recorda as vivencias con el, dende a proximidade, a coincidencia e o compromiso. Compromiso como o que sempre tivo Mero dende o contexto da defensa dos dereitos sociais, das liberdades públicas... Coñecido cantautor, poeta, narrador e cofundador de grupos imprescídibeis dentro do panorama musical, social e cultural galego (nomeadamente Fuxan os Ventos e A Quenlla ), o mestre de Vilaba canta deste xeito: " De Isaac Díaz Pardo, na sorte de telo coñecido! Véñense á memoria moreas de vivenzas compartidas na fortuna dos camiños e andainas. As máis lonxincuas son xa daqueles momentos subvertidos nas incipientes liberdades dos anos oitenta, nos tempos que organizaba actividades culturais e concertos en Sargadelos, onde era a cabeza pensante, o director técnico e o primeiro en abrir pola mañá, moi cedo ou de pechar cando o corpo llo pedía, normalmente cedo, de