UNHA MANDA DE XAQUÍN NOVOA PARA ISAAC

Xaquín Novoa, fotógrafo e sociólogo, ten realizado un bo número de exposicións individuais e colectivas das que cómpre resaltar aquelas instaladas na Casa da Conga, na Galería Sargadelos e na Casa da Parra (en Compostela), nos Ateneos Ferrolán e Ourensán, na Casa de Galicia (en Madrid)... Tan importante como estas é a que percorre as distintas sedes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), sendo títulos das súas mostras:
     Fiestras (1987)
     Cables (1987)
     Gresite (1989-1990)
     Feitizos cativos (1995)
Da súa autoría é Cabeleira de Pedra, que contou coa participación de Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes. Por iso, ante a sensibilidade que manifesta, non quixo perder a ocasión para nos enviar unha súa "peza" adicada a Isaac Díaz Pardo. Con ela resúmese parte dunha historia escrita en cerámica e palabra impresa, narrada en azul e branco e tinguida de esperanza cultural.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Loli Suárez e un café con Isaac

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños