Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2020

Emma Pedreira, Isaac Díaz Pardo, colaxes e palabra

Imaxe
techocolatecafe (obra de Emma Pedreira) Rematamos este ano 2020, centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, dun xeito especial: coa voz e a arte dunha da persoas máis relevantes da escrita galega contemporánea, con Emma Pedreira. Sen dúbida é unha das escritoras máis laureadas dos tempos modernos, pois ela sabe rachar moldes coa súa narrativa, combinar distintos estilos literarios nun mesmo texto, ceibar o verso para non soamente facelo libre senón, asemade, para crear interpretacións diversas...  Absurdo sería achegar aquí o seu currículo de honores, pois malia a súa "mocidade" é unha persoa prolífica e innovadora. tanto que incluso destina o seu tempo creativo á palabra e ás artes plásticas. As súas colaxes, fabulosas, non están carentes de significados directos e, incluso, de metalinguaxes surrealistas. Coñecemos, por exemplo, aquelas publicadas na obra O elo , que recenden a rituais antigos, a feitos antropolóxicos, a misterios e incluso "bruxaría". Porque, d

Vicente Ruíz Soldevilla, O Común e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
O Común (obra de Vicente Ruíz Soldevilla) E non digades que non é ben xeitosa esta manda que nos trae, nas vésperas de entrar en fin de ano, Vicente Ruíz Soldevilla. Trátase dunha serie de oito imaxes, retratos propiamente, con gran carga expresiva, reafirmándose as siluetas con trazos áxiles e grosos, enfatizando as superficies con cores planas e, de cando en vez, empregando recortes de fotografías a xeito de colaxe.  Quizais por este motivo vemos un certo parentesco plástico, ou estético, co propio Luís Seoane, onde tanto protagonismo ten a silueta (a liña) como a superficie, estando ambas interrelacionadas pero "funcionando" incluso por separado. Esta linguaxe percíbese, así as cousas, nalgunhas das pezas desta serie que o autor titula "O Común".  Mais estes "retratos", para maior asombro, parten dun caracter central ou letra dende a que se xera a faciana. Estas tapan os rostros e, de nos deixar levar por ideas da historia da arte, poderíanse vincular

Para Isaac Díaz Pardo e de parte de Bruno Lopes

Imaxe
Isaac Díaz Pardo, património da Galiza (obra de Bruno Lopes) Pois ben fermosa é a imaxe coa que nos agasalla Bruno Lopes Teixeiro. Realmente trátase dunha polícroma imaxe de Isaac Díaz Pardo, elaborada de xeito dixital e que combina trazos fríos con outros máis cálidos. Deste xeito que a obra colle maior forza visual, impacta expresivamente no ollar da persoa que observa.  Isaac aparece co seu característico sorriso e, diante del, unha pancarta ábrese co nome do homenaxeado. Ademais engade, con rotundidade, un feito claro, que o noso Isaac é "Património da Galiza". Na imaxe, xa dicimos que moi fermosa, aparece un símbolo xeométrico daqueles que o mestre de Sargadelos empregaba para as súas vaixelas... Velaquí unha icona máis que axuda a manter vivo o facho dunha das persoas máis xenerosas que naceu no noso país.  O autor desta marabilla, ademais de elaborar realidades plásticas tan impactantes como a que se amosa, tamén escribe en diversos medios. Así, a Bruno Lopes lémolo n

Carmen Blanco, Isaac e a Memoria

Imaxe
Unha das voces máis acreditadas no panorama literario galego é a de Carmen Blanco. Ela, feminista e escritora, destaca nos eidos poético, narrativo e ensaístico, sendo unha profunda coñecedora da obra de Luz Pozo Garza, María Mariño, Ricardo Carvalho Calero e Uxío Novoneyra, entre outras persoas das nosas letras.  Do seu inmenso currículo queremos subliñar a fundación en 2005, xunto con Claudio Rodríguez Fer, da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo . Alén diso, formou parte do Consello da Memoria e foi galardoada co Premio Galiza Martir (2014) da Fundación Alexandre Bóveda. Para colaborar co Alento Esbravexo na homenaxe que se lle rende a Isaac Díaz Pardo, Carmen entrega un fermoso poema visual que publicamos en liñas sucesivas. Porén, vén acompañado dunha fermosa carta que, de xeito fragmentario, publicamos aquí por mor do interese que pode suscitar e a boa axuda que nos presta para comprender a citada peza lírico-visual. O escrito di así:  " Boa tarde. Por sup

Rubén Aramburu lembra o altruísmo de Isaac

Imaxe
Dentro dos membros da Igrexa Galega hai nomes de homes e mulleres necesarios que fan das crenzas algo máis propio, endendido dende a cultura do país, dende os costumes do pobo, dende a raiceira da nosa identidade. Por iso son tan importantes persoas como Afonso Blanco Torrado, Manuel Cabada, María Xosé Cancelo, Xosé Chao Rego, Xesús Mato, Victorino Pérez Prieto, Elvira Santos, Andrés Torres Queiruga, Moncho Valcárcel, Engracia Vidal Estévez, Pilar Wirtz... que, cando menos, aproximan o evanxeo ás galegas e galegos na palabra de noso.  Isto fainos lembrar aquel Concilio Vaticano II (1963) que recomendaba o uso das linguas vernáculas, malia que dende o estado escorou case todo para o castelán. Pouco ou reducido espazo houbo para o idioma galego. Realmente a liturxia na nosa lingua comeza a agromar con persoas coma as citadas, cando reivindican que o noso tamén é un idioma vernáculo. Deixando atrás este preámbulo, cómpre sinalar que a manda de hoxe vén cargadiña de "melindres" (

Antonio Reigosa, o lévedo e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Antonio Reigosa facilita a manda de hoxe, se ben chegou hai meses aos nosos portais, como aquel pan fresco que recende a mil aromas: humidade, auga, terra, cinsa, lume... Porque diso vai o texto deste autor, da importancia do pan, mais sobre todo da importancia do lévedo. Consideramos que este texto, marabilloso, é digno de ser petiscado en varias ocasións, xa que non son parágrafos para unha chanchada. Mil nutrientes mesturáronse ao redor de cada frase, fermentaron con forza para crear unha fornada estupenda que cómpre ter moi presente para entender o que realmente significa Isaac Díaz Pardo no eido das artes. Moitas e moitos de nós coñecemos a recendente e fertil produción cultural de Reigosa, sabemos do seu incansábel traballo a prol da antropoloxía galega, mais isto que hoxe nos trae non é un manxar calquera, quizais dea significado á palabra compañeiro/a, pois esta ten que ver co feito de compartir o pan coa persoa que temos ao lado. Velaí que non se deba renegar de compañía tan n

Baia Fernández de la Torre e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Espido realizado por Isaac Díaz Pardo Quizais este poema, sen querer, nos leve a aquela colección de espidos debuxados por Isaac Díaz Pardo e que publica, en 1965, en Ediciós do Castro. Cunha tiraxe de 300 exemplares ve a luz esa fermosa colección de estampas, todas de trazo simple e decidido, áxiles e provistas dun dinamismo elástico, contorsionista, dende a elegancia e lonxe de tabús... Porén, aínda que os versos de Baia Fernández de la Torre encarreiráronnos cara aí, o certo é que ela inspirouse nunha peza titulada "Desnudo de mujer", obra tamén do propio Isaac.  A autora indica: " Esta obra impactoume especialmente pola beleza da imaxe, o movemento reflectido nela. A cor da sanguina fai que o sinta máis carnal, máis íntimo. O ver o rostro cos ollos pechados e o sombreado que semella que a acariña fai que me mergulle nela e a sinta dende dentro. Hai detalles que lle dan tanta realidade e outras zonas que parecen desdibuxadas, coma un sinxelo bosquexo, mais aínda así,

Dende o pomar de "Mini", unha mazá para Isaac

Imaxe
O Ara Gael , obra de Camilo Díaz Baliño Pois neste día entregáronnos unha mazá ateigada de recendos e sabores. Desas que temos ao pé da casa, na hortiña dos afectos, outrora o pomar dos avós. Mais non nos enganemos, esa mazá colorada e de pel suave, conta unha historia dura -que emociona-, dolorosa pero necesaria para comprender a grandeza de Isaac Díaz Pardo.  Esta froita nutricia déunola en man(da) Xosé Luís Rivas Cruz - Mini -, un dos cantautores máis destacados do noso país. A historia da música galega non se pode entender sen el, sobre todo a máis recente. Fuxan os Ventos e A Quenlla foron dous dos grandes proxectos nos que participou, alén de contar cunha extensa produción musical e varias obras literarias. Liñas e liñas poderíanse dicir desta voz necesaria (imprescindíbel) da música do País. Mais, como el é dono da súa voz esta é a que queremos compartir mentres gustamos do zume dunha mazá, quizais, un tanto aceda.  Beizóns, Saúde e moita palabra para non escurecer o canto! Na C

O Concello de Cuntis honra a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Realmente esta é unha fermosa manda colectiva. Envíaa o Concello de Cuntis e nela resúmese parte da vinculación de Isaac con este municipio (aínda que foi moito máis grande) e todo o que simboliza a súa figura a nivel nacional. Non hai dúbida de que a persoa que redacta esta manda está cargada de sensibilidade, alén de ser coñecedora da vida e milagres culturais realizados por Alguén que cómpre escribir con maiúsculas: ISAAC. Cando un le cousas coma a que segue, séntese fachendoso de que existan concellos que teñan memoria e, por extensión, actividade no rescate dela. Saúde e mil grazas, Concello de Cuntis... Oxalá houbese máis administracións públicas que gustasen, coas súas mandas, de honrar a quen nos honrou! Hoxe, Isaac, está cabo de Blanco Torres, María Miramontes, Díaz Baliño, Ánxel Casal, Micaela Chao... e outras tantas persoas que defenderon a lingua e cultura de noso! Temos memoria! Manda do Concello de Cuntis Dende o Concello de Cuntis queremos sumarnos a iniciativa "Unh

José Manuel Méndez e un óleo para Díaz Pardo

Imaxe
Librería Díaz Pardo (óleo de José Manuel Méndez) Que marabillas chegan para honrar a Isaac! Nalgunhas aínda recende a pintura fresca. Case se poderían respirar todas e cada unha das tonalidades, as fragrancias dunha historia coma a que nos trae José Manuel Méndez. O autor leva unha longa traxectoria vinculada ás artes plásticas e formou parte dos colectivos FOGA e PATAKA. Ardua tarefa sería a enumeración de todas as mostras individuais así como as colectivas nas que ten participado. Está totalmente recoñecido o seu traballo sobre pasaxes mitolóxicas gregas con retratos de xente das artes plásticas e escénicas.  En 2006 recibe a encarga de elaborar unha serie de murais retro iluminados para a exposición "Contos Dixitais" no C.G.A.C. Alén disto, ocupa a dirección artística da empresa Escenoset que realiza proxectos para a televisión, a ópera, o teatro, stands, museos, e exposicións.  Este cadro que nos achega José Manuel Méndez forma parte dunha serie de "trampantojos&quo

Loli Suárez e un café con Isaac

Imaxe
Loli Suárez realizou esta instalación para lembrar as tonalidades da cerámica de Sargadelos, ese tons caligráficos da nosa epiderme cultural, sensíbel e con recendo a memoria que non esquece. Certo é que nela aparecen pezas desa fábrica, outrora rexida con ímpeto (pero sobre todo con xenerosidade) por Isaac Díaz Pardo. Porque esas alfaias azuis e brancas (abandeiradas no celeste) combinan moi ben co verde da Terra (da Nosa Terra!) dende a que se respira aínda hoxe a ánima imperecedoira daquel que veu ao mundo na Casa da Tumbona. Canda esta peza, un correo da súa autora advirte do seguinte: " Boa tarde! Achégovos a miña pequena homenaxe a Isaac Díaz Pardo. A foto é unha síntese do que el representa na miña vida e, sobre todo, dende que empecei a ler sobre el e Luís Seoane. Agradezo moito, moito esta inciativa. Unha aperta ben forte (...). María Dolores Suárez Baltasar ". Sinceramente, dende o Alento Esbravexo gustamos de instalacións tan xeitosas e acaídas como a que aquí se e

Nolo Suárez e un tempo para Isaac

Imaxe
Compostelán de nacenza, outrora estudante na Escola de Artes e Oficios, amante do debuxo, a pintura e o gravado évos Nolo Suárez. Certo é que as persoas somos eternos aprendices ao longo das nosas vidas, mais non hai dúbida de que os coñecementos se van adquirindo e estes demóstranse en foros e obradoiros. Este tamén é o caso de Nolo, que participa en obradoiros da Solaina de Piloño, no CGAC, no CIEG de Betanzos, no Auditorio de Galicia e no Consello da Cultura Galega. Porque, alén de formar parte de diversos colectivos de artistas, as súas obras discorreron por innumerábeis recunchos desta nación atlántica (Vigo, Compostela, Noia, Malpica, Vilagarcía, Rianxo, Boiro, Fisterra...) e por institucións veciñas como o Centro Galego de Valencia, a Casa de Galicia en Madrid, o Centro Galego de Lisboa... Sinceramente resulta bastante complicado resumir -abofé- o seu curriculo, sinalar todos os museos e fundacións que souberon e saben da súa arte. Porén, quizais todo se resuma na obra que nos p

O bruar de Isaac (obra de Manolo Busto)

Imaxe
Bruar (óleo de Manolo Busto) O bruído case é terapéutico, porque escoitar o aire cando zoa, observar as ondas do mar cando escachan contra os cons, fitarmos as lapas dunha lareira ten ese efecto tan relaxante. O que non quer dicir que non estea carente de forza, de vitalidade. Quizais niso tamén se inspirou o artista Manolo Busto para crear a obra que hoxe aquí nos envía co obxecto de deixar unha lembranza para Isaac. A verdade é que ese vento concretamente resulta fantástico cando vén do mar, case se pode sentir no rostro ao observalo dende o esqueleto do bastidor, dende o poro do lenzo, a textura e a epiderme do cadro... Quizais respira aire e exhala vento! O autor, licenciado en Belas Arte, ten feito exposicións individuais e colectivas por Galiza, Portugal e España, sendo premiado en varios certames coma o Eixo Atlántico, Cambre e Isaac Díaz Pardo. Alén diso, desenvolveu proxectos editoriais con ilustracións para a Fundación Vicente Risco, para o escritor Ramón Caride e outros...

Un acrílico de Xoán Cerviño para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Xoán Cerviño, natural da Estrada, é licenciado en Belas Artes e diplomado en enfermaría. Bolseiro en Londres, coñece os mellores museos desa cidade, as súas galarías e -de paso- enchoupase de paixasismo e da corrente artística Land Art . Certamente ese amor pola paisaxe igual lle procede da observación das ribeiras do Ulla, da contorna de Couso, onde ás veces os torrados son fantásticos, os verdes clorofílicos e as mazás recenden a un mundo natural...  As súas inquedanzas teñen que ver, asemande, coa arte e a filosofía... Pensemos que en moitas ocasións é máis complicado enxergar unha obra ca executala tecnicamente, concibila dende un pensamento crítico (incluso filosófico) para logo ter algo máis ca estética, senón incluso contidos e metalinguaxes...  As obras de Cerviño fican en diversas coleccións públicas e privadas: na Kingston University (Londres), CGAC de Santiago de Compostela, na Deputación de Pontevedra e en fondos de varias entidades bancarias e sociedades mercantís... Cando

O arado, Elena R. Vieito e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
O Arado (fotografía: Fermín) Elena R. Vieito gustou de nos entregar o seu agasallo para Isaac, trazado polo arado que el mesmo deseñara e abrindo sucos e máis sucos para sementar palabras, hoxe florecidas. Por iso, as ringleiras do escrito de Elena achegan moito do espírito e do carisma de Isaac, desa personalidade que -toda sinxeleza- invadía os espazos nos habitaba.  Agradecemos este texto, ademais, pois algúns do Alento Esbravexo ignorábamos que nesa pizzería compostelá houbo un prato co nome de Isaac. Na varanda da xustiza, da arte (tantas veces matemática pura) e da coherencia discorre este texto de Elena, evidentemente moi necesario... Coa rella, o temón, e o pescuño do arado como se for un mascarón de proa pendurado do navío da liberdade avanza, lixeiro, o texto desta autora. Unha verdadeira homenaxe é a que rende, con duzura, Elena R. Vieito. Beizóns, gloria á Isaac, futuro e arte (tamén da palabra)!! O Arado. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo A iniciativa de celebrar o centenario d

Xulio Cobas Brenlla, o silencio e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Escritor, profesor e experto en literatura infantil e xuvenil galega é Xulio Cobas Brenlla. De rabuñarmos un pouquiño nas páxinas da súa biografía podemos saber que é autor dun bo feixe de publicacións, entre outras dos libros Voa se podes e Adiviñas para xogar , quizais os máis lidos e apreciados nas aulas. Ao mesmo tempo, cómpre consideralo un dos pioneiros na investigación do libro infantil e xuvenil galego, velaí aquel (o primeiro da nosa historia literaria) que se titula  A voltas coa literatura pra nenos. Estudio sobre literatura infantil que, dende Ediciós do Castro, ve a luz en 1982. Cobas Brenlla, para homenaxear a Isaac Díaz Pardo, facilita un texto para nada silencioso que pretende, iso si, alertar de todos aqueles baleiros que existiron en Galiza e que provocaron a "inexistencia social" de Isaac Díaz Pardo.  Mil grazas por todo e por tanto, caro Xulio. De como non oiamos falar de Isaac Díaz Pardo Por ter nacido nunha pequena aldea galega a cabalo entre o final da

Dende o Ateneo Ferrolán e para Isaac

Imaxe
Dende as terras do norte chega unha manda necesaria para coñecermos a xenerosidade que sempre manifestou Isaac Díaz Pardo a prol de colectivos que, dende o altruísmo, estederon cultura, idioma e país. Un deles é o Ateneo de Ferrol, institución da que nos chega un texto que fai xustiza a quen en verdade foi un bo e xeneroso. O noso país precisa iniciativas como as desenvolvidas, por ese tempo, dende o Ateneo Ferrolán, mais tamén de persoas das artes, das letras, das huminadades, das ciencias... que prioricen o xeral polo particular, que contemplen no seu horizonte a conservación da identidade dun pobo e non tanto o lucro voraz e obsesivo que só se entende dende o egoísmo Por iso, beizón ao Ateneo Ferrolán por esta manda e beizón por aquel traballo tan inmenso e gratuíto. Lembraza de 1991, dende o Ateneo Ferrolán Estimados amigos envío esta información sobre Isaac Díaz Pardo pois penso que ten a suficiente importancia para destacar como unha máis das moitas que este home fixo ao longo da