A LIBRARÍA COUCEIRO ABRE UNHA FIESTRA PARA DÍAZ PARDO
Escaparate da Libraría Couceiro (22 de agosto de 2020) - Centenario do Nacemento Isaac Díaz Pardo |
Con 51 anos achegando libro en
galego e portugués aos lectores e lectoras, a Libraría Couceiro quixo
homenaxear a Isaac Díaz Pardo por medio dun escaparate.
Libros editados en Ediciós do Castro, obras sobre Isaac, carteis de cego, pezas da Cerámica do Castro e de Sargadelos que lembran o intelectual que “facía cacharriños”, como el mesmo dicía.
Unha banda en papel anuncia o motivo: Homenaxe a Díaz Pardo no centenario do seu nacemento 1920-2020; chega das mans dunha pintora e poeta, Soledad Pite, moi querida na cidade, porque nela tamén se fan presentes as palabras de Díaz Pardo: “Conten comigo no que poida”.
Participaron na organización, xunto coa familia Couceiro, as dúas profesoras que en 2012 puxeron en marcha a exposición Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso, Maka Arca e Ana Mª Mosquera.
O escaparate dunha libraría é unha xanela á cultura e á súa celebración, unha exposición de motivos, unha declaración de intencións que non nos deixa indiferente. A través desa ventá os libreiros móstrannos que clase de libro defenden e cal é o seu compromiso co país. Couceiro lévao facendo máis de medio século.
Libraría Couceiro (22-08-2020) |
Libraría Couceiro (22-08-2020) |
Colaboracións xornalísticas en edición de Xosé Ramón Fandiño e publicado polo Consorcio de Santiago.Pezas escollidas co coñecemento e o afecto para realizar unha composición que nos lembre a sorte de ser coetáneos do home que onte, 22 de agosto de 2020, cumpriría cen anos.
Unha xanela para Isaac Díaz Pardo na Libraría Couceiro (22-08-2020) |
Grazas, Couceiro, por estar sempre onde cómpre!
ResponderEliminar