Cando Fernando Salgado Varela lle envía unha manda a Isaac Díaz Pardo
Monumento ás /aos fusiladas/os (creación de Isaac Díaz Pardo) Campo da Rata - A Coruña |
Fernando Salgado Varela é xornalista no Diario de Pontevedra e outrora en medios como La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Diario de Galicia e Atlántico Diario. Mais ao tempo que exerce o seu labor no eido do xornalismo, verte reflexións e ensaios en revistas como A Trabe de Ouro, Tempos Novos e Ardentía..., alén de publicar libros tan espectaculares como El Humo del Diablo.
No Capitán Gosende ten parte do seu fogar pois, como membro que é deste colectivo, gusta de colaborar na recuperación da Memoria Histórica de territorios como o de Cerdedo. Hai quen ousa dicir que de "Capitán Gosende" somos todas e todos, as e os que queremos pasar páxina sen obviar ningún capítulo da memoria, tal e como fixo Isaac Díaz Pardo. Resultado dese activismo, Salgado lanza "ensaios novelados" dignos dunha película de Buñel. Referímonos a aquel que leva por título 1306/36, no que se rescata a biografía do seu avó, o secretario de Cerdedo Pancho Varela.
Por iso, dentro do contexto da Memoria, e ao chamo do Alento Esbravexo (que quizais discorreu coma un lóstrego polo interior de Portalén), Fernando ganduxa un texto sobre iso, sobre unha muller que padeceu a barbarie durante e logo de 1936. Persoas, non o esquezamos, como Consuelo Acuña Iglesias, Xosefa Barreiro González, Camilo Díaz Baliño, Xohán Xesús González, Xosé Rico Gaiteiro... e varios milleiros de persoas máis.
Por iso acreditamos que a colaboración de Salgado é ben acaída para facer Xustiza e Memoria. Velaquí a súas palabras: "Outro Lume". Beizóns!!
Deseño de Isaac Díaz Pardo para a erección do monumento ás víctimas do 36 (imaxe sacada do xornal Público) |
OUTRO LUME
“Creo que o enfrontamento, a violencia e a confusión dos primeiros anos do franquismo no foron o peor. O peor sería a sistemática desmemorización e desorientación que se nos impuxo perante catro décadas”.
(Galicia hoy… y el resto del mundo, Isaac
Díaz Pardo e Luís Seoane, 1965)
Comentarios
Publicar un comentario