Soledad Penalta entrega a súa meditación a Isaac Díaz Pardo
Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo (autora: Soledad Penalta) |
Porque hai obras, sen dúbida, que son fariña doutra muiñada, que impactan non só polo que expresan senón tamén polo xeito de como o fan. Digamos que as ideas son coherentes co continente e ambos, na súa calidade, entra en simbiose dende a estética. Iso é o primeiro que nos vén á mente ao vermos a obra que Soledad Penalta entrega ao Alento Esbravexo para que lla fagamos chegar a Isaac.
Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo (autora: Soledad Penalta) |
A escultora, académica numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes, con detalle informa da súa obra, "Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo". E faino como segue:
"Isaac Díaz Pardo. É unha recepción cordial, afable, vestido cunha escura bata de traballo moi gris, é ollos escrutados, limitados por enriba, polos arcos das dúas duras cellas que parecen sostener a estreita testa esculpida con profundas engurras, gravadas pola práctica da concentración forzada... no que é importante, a impulsos da súa teima vital. Facer.
Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo (autora: Soledad Penalta) |
Isaac diversidade de viaxes, exploracións con sentido, busca de ritmos e a súa harmonía, imaxes, formas, formas de formas, posibilidades, obras, deseños, símbolos, linguaxes, mensaxes, textos, publicacións, memorias, memoria histórica, presenzas, sen esquecer, unha cor.
Isaac está arquivado xunto coa querida MININA, o seu íntimo amigo da infancia, o unico Mario Granell, a tenaz Oliva, o estraño Eugenio, Andrés, Camilo, Xosé e outros seres humanos de alta calidade, todos por camiños da nosa cultura que me merecen unha profunda meditación".
Pois esta peza entregada por Soledad Penalta é un deambular polo recordo (polos recordos), un seguir facendo camiño ao pisarmos por onde pisou o artista, navegarmos por mares de vida branca e azul, sen dúbida cobalto, sen dúbida galega, sen dúbida polos mares por onde singraron aquelas persoas que, como Isaac, son imprescindíbeis.
Parabéns por peza tan marabillosa e beizóns á súa autora: Soledad Penalta!!
Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo (autora: Soledad Penalta) |
Comentarios
Publicar un comentario