De Francisco Ameixeiras para Isaac Díaz Pardo
Aínda que natural de Vigo, Francisco Ameixeiras é oriúndo das terras do Baños, un outro xeito de denominar ao municipio de Cuntis. Del persoa pódense destacar varios aspectos relevantes alén de ser licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca.
Sen dúbida destaca como gran ilustrador, foi quen incluso de lle poñer imaxe á figura mítica do "Apalpador". Mais as súas pezas escultóricas resultan magníficas. Nelas domina a curva, o movemento, a sinuosidade e as temáticas que teñen que ver coa mitoloxía, os monstros, os petróglifos, a simboloxía procedente dos castros galegos e auga, ese elemento tan vivo para el... Non lle hai que restar importancia ao traballo que ten desenvolvido na catalogación do patrimonio de varios concellos pontevedreses e que serve, sen dúbida, para coñecer que deben protexer os entes públicos.
O polifacético Fran Ameixeiras, pois tamén é amante da escrita, gustou de colaborar co Alento Esbravexo facéndonos chegar varias pezas que conmemoran a figura, grande e xenerosa, de Isaac Díaz Pardo. Ameixeiras déixao así indicado: "Esta podería ser a miña "Pedreira" homenaxe a Isaac Diaz Pardo e o seu mundo de formas de Sargaldelos."
Beizos, Fran!!
Comentarios
Publicar un comentario