A FUNDACIÓN NEIRA VILAS: UN OUTRO ALENTO PARA DÍAZ PARDO


Entre as institucións que gustan de escoitar o chamo do Alento Esbravexo está a Fundación Neira Vilas, pois ela tamén quere ter voz para render homenaxe a quen tanto fixo polo país. 

É un verdadeiro gusto ver como as persoas e institucións conscientes honran aos seus fillos e fillas, e neste caso a Isaac Díaz Pardo. É un gusto saborearmos un rural que podería emerxer entre brétema tal fose un santuario para a nosa palabra e as nosas tradicións. Ben o souberon Anisia Miranda e Xosé Neira, ben gustaron de recordalo nas súas obras porque sabían que era un xeito de conservar o país, de coidalo e de facer patria (digamos). Un país e unha patria, sen dubida, tamén alzados por Díaz Pardo dende un navío sobre mar azul cobalto... 

Por iso senta moi ben que cheguen palabras dende a Fundación Xosé Neira Vilas, que cheguen palabras dende Gres, o mundo inmenso de Balbino: eixada, sacha, arado... Case resoan os versos de Celso Emilio Ferreiro ("remo i arado, proa e remo sempre")

Velaquí a manda entregada polo presidente desta institución, Fernando Redondo Neira. Beizóns!


Boa tarde:

Isaac Díaz Pardo regalou no seu día esta cadeira, obra da súa imaxinación e talento, aos seus grandes amigos Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas. Hoxe fai parella con outra igual na que foi vivenda do escritor de Gres, situada no lugar que Anisia chamaba "o rincón de Isaac", presidido por ese retrato que recolle aos tres.

A Fundación Xosé Neira Vilas garda este e outros tesouros da "fecunda amizade" que os uniu, como figura no titulo do volume que recolle a correspondencia entre o autor de Memorias dun neno labrego e o empresario, deseñador, artista e, finalmente, o editor, que deu a coñecer en Galiza a historia protagonizada polo inesquecible Balbino.

Cadeira doada por Isaac á Fundación Xosé Neira Vilas


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños