De Xosé Val Díaz a Isaac Díaz Pardo
E ese compromiso coas persoas que entregaron suor pero tamén xenealidade con Galiza maniféstao na seguinte peza que crea para lembranza de Isaac Díaz Pardo. A mesma, vén acompañada polo texto que aquí se reproduce.
Ben haxa, Valdi! Saúde!
O artesán: Xosé Val Díaz (Valdi)
Creador de esta obra. Con ela pretende denunciar a falsía da maioría dos accionistas de “Cerámicas Sargadelos”, que traizoaron o seu creador e mentor: D. Isaac Díaz Pardo. Sendo vendido con falsía manifesta; despois de ser el quen os provee de accións de dita empresa, o que permitiu vivir dignamente. “Accións que utilizaron para traizoalo”. Por esta razón, esta obra foi realizada nun material denominado: porexpán; con aparencia de cerámica, converténdoa nunha obra fraudulenta. Dotándoa dunha lenda que reza da seguinte maneira; igual que a maioría dos accionistas de Sargadelos. “FALSA”
Comentarios
Publicar un comentario