Poñerse diante do teclado do ordenador para escribir algo que non queriamos facer, xusto hoxe, íase demorando instante tras instante, co morder das unllas, o trabar dos dentes e unha barra espaciadora que só escribía silencios en liña. É abondo complicado poñer o fecho a un proxecto que, agora mesmo, lanzamos hai 10 meses. O 7 de xullo de 2020 abríase a porta deste forno de ideas, aínda que tres meses antes -e a lume maino, coas mans do país entregando esforzo- xa se estivera a quecer o fogar. O día 9 faciamos un chamamento público a participar neste proxecto, no gustamos de recibir centos de colaboracións (hoxe suman 263) elaboradas por ducias e ducias de particulares (sociedade consciente, civil e activa), artistas plásticos e persoas do mundo da escrita. Polo que nese xullo, incluso antes de conmemorar o centario do nacemento de Isaac, saía a nosa primeira fornada, dende un blogue sinxelo, que ao longo de máis de corenta semanas espallou afectos, ideas fugantes e pezas marabillosas
Comentarios
Publicar un comentario