MANDA DE ANTONIO SEIJAS A ISAAC DÍAZ PARDO

O ilustrador e escritor Antonio Seijas entrega esta manda a Isaac Díaz Pardo a xeito de retrato. Totalmente identificábel vese á alma mater de Sargadelos rodeado dun bosquexo cunha figura antropomorfa e unha vaca. 

Evidentemente pon en contacto a Isaac con aquela ilustración que en 1967 deseña para o libro Memorias dun Neno Labrego, de Xosé Neira Vilas. A edición dese libro ve a luz dende Ediciós do Castro en 1969. Seijas, inspirado pola produción plástica de Díaz Pardo, tamén bosquexa na súa ilustración unha muller protexida por unha galla.


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños