CARICATURA DE ISAAC DÍAZ PARDO POR HÉITOR PICALLO

Isaac Díaz Pardo segundo
Héitor Picallo

Nesta seguinte entrada facilitamos unha caricatura que de Isaac Díaz Pardo realiza en 2012 Héitor Picallo. Está elaborada en técnica mixta, pois combina acuarela, tinta chinesa, recortes de xornais e teas de tapizar.


Tal peza foi exposta na mostra Isaac Díaz Pardo: Luz e Compromiso, coordinada e ideada por Maka Arca Camba e Ana Mosquera. Inaugúrase no IES número 1 de Ordes no citado ano. Alén diso, a caricatura publícase no libro Coa Lingua na Terra (Toxosoutos 2013) do propio Héitor Picallo, ao carón dun manifesto titulado Isaac Díaz Pardo e o adeus ao Instituto Galego de Información, asinado por varias ducias de persoas vinculadas á cultura deste país que fora lanzado en xaneiro de 2010.

Comentarios

  1. Comezar polo principio, por un home construíndo un home, pola caricatura de Héitor enmarcada nos símbolos que falan de nós. Parabéns pola obra!

    ResponderEliminar
  2. Marabillosa persoa Héitor, e súa arte, fai grandeza das persoas e do país.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños