Xosé Cobas e as engurras de Isaac


Recoñecido ilustrador, deseñador gráfico e artista plástico é Xosé Cobas. A súa traxectoria avala a importancia que acadou dentro do eido da ilustración galega. Os premios son moitos, aínda que quizais non é que realmente importe sobre todo. Porque consideramos, dende o Alento Esbravexo, que o que realmente resulta significativo é o camiño, a superación, querer chegar a un meta sen pausas pero sen présa. E referímonos ás obras do autor elaboradas co pincel, pois a calidade técnica foi quen de facer unha man, e crear estilo, pero tamén a neurona soubo dirixila cara ás interpretacións pouco fortuítas e si cara á diana dos contidos. 

De que serve ter a técnica aprendida se a mensaxe non existe. Velaí que Xosé Cobas coñeza que ambas cousas son irrenunciábeis. E para mostra, este pequeno botón, o que lle dedica a xeito de manda a Isaac Díaz Pardo. As preguntas son: que significa unha bóla de papel engurrado? Que ten que ver co xenio e inxenio do señor de Sargadelos? Para que serve ese envoltorio outrora alfaia? Velaí unhas letras, tamén da súa man, que explican todo o que se precisa:

"Para Isaac, porque a imaxe é unha metáfora da vida mesma cando esta ve moi próximo o solpor. As engurras do papel son as marcas que deixa o tempo nunha vida longa e de traballo como foi a de Díaz Pardo ou de calquera ser humano que traballou arreo".

Porén, cada espectador desta obra pode tirar unha outra intrepretación paralela e igual de válida... A nós recórdanos unha data, unhas iniciais e outra data (o epílogo dunha obra): 2010 - IGI - 2012. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños