María Pousa, Arte, Bibliotecas e Isaac Díaz Pardo
María Pousa tamén gusta de participar na homenaxe a Isaac Díaz Pardo, de entregar o seu grao de area a esta causa: a de visibilizar a aquel xenio que hai cen anos naceu e foi quen de estender a imaxe dun país -dende o eido da cerámica artística- por todo o mundo. Historiadora da arte e mestra, leva máis de 30 anos traballando na aula coa arte como ferramenta de achegamento ao mundo no que vivimos, de fomento da creatividade e do espírito crítico...". Velaí un outro convite para pórse na pel do outro. Para María esta é "unha oportunidade persoal para aprender, xunto co meu alumnado, dos e das artistas que non coñecín no meu paso pola universidade galega".
Hogano traballa nas bibliotecas escolares, nas que procura "a presenza da Arte Galega en todas as súas facetas".
Ben haxa, María... e moita cor nas vidas de todas/os!!
Comentarios
Publicar un comentario