Ideia Gráfica, Isaac e as persoas docentes que nos preceden

Deseño de Ideia Gráfica

Polas redes sociais localizamos unha persoa que elabora un traballo que ben se adapta ao noso obxectivo de homenaxear, durante centos de días, a Isaac Díaz Pardo. O seu nome comercial é Ideia Gráfica (ideia.gal) e poñendonos en contacto con ela sinalounos o seguinte sobre "O Señor de Sagadelos":

"Coñecín por primeira vez a Isaac a traés dos desenhos de 'Memorias dun neno labrego', depois descubrín pouco a pouco o seu trabalho asombrándome máis e máis com a súa capacidade para elaborar um discurso gráfico proprio, variado nos seus soportes e tam representativo da Galiza. Em cada obra del ha algo de cada artista galego/a que o precedeu e creio  que ha algo del em cada um que o seguiu, um ejemplo, um mestre".

Produtos de Ideia Gráfica

Coincidimos plenamente na afirmación de que en todas aquelas persoas que o seguiron -dun ou doutro xeito- habita Isaac, así como nel residiron autores e autoras doutro tempo (lembramos a Castelao, a Lolita e Camilo Díaz, Maruja Mallo, Seoane, Uxío Souto...). A persoa é, simultaneamente, alumna e mestra, fórmase e difunde esa formación... E nesta liña vai a obra de Ideia Gráfica, pois elabora unha serie de produtos para honrar a Díaz Pardo, todas eles provistos de dúas palabras que forman un concepto único, coherente e indisolúbel: Mestre Isaac. Evidentemente tal concepto trázase en liñas de cores -textuais e gráficas- que lembran aquel Sargadelos único, un Sargadelos en cobalto, vermello e verde (de alma galega); un Sargadelos para a memoria.

Produtos de Ideia Gráfica

Beizóns á persoa responsábel de Ideia Gráfica. A liña da memoria tamén vai por aí: popularizar e contemporanizar aos mestres e mestras que nos precederon. Saúde e futuro!

Ideia Gráfica




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños