CERÁMICA DA ULLA AGASALLA CUN CENTRO DE BOLBORETAS A ISAAC
![]() |
Centro de Bolboretas (Cerámica da Ulla) |
Mario Rodríguez Feijoo é o responsábel de Cerámica da Ulla, un obradoiro artesanal e familiar localizado na parroquia de San Mamede de Ribadulla (Vedra). Neste taller Isaac Díaz Pardo realiza a derradeira peza cerámica, nos mesmos nos que Mario Rodríguez é quen de elaborar unha fonte, titulada Compromiso coa Ciencia, por medio da cal colabora coa Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que dirixe o prestixioso profesor Anxo Carracedo.
Un Centro de Bolboretas
Desta volta é Cerámica da Ulla a que homenaxea a Isaac Díaz Pardo cunha fermosa peza co gallo do centenario do seu nacemento. Ofrécelle, coas mans abertas, un Centro de Bolboretas. Dende o obradoiro xustifíca o agasallo deste fermoso xeito:
"(...) porque el enchía as nosas mesas e as nosas casas co seu bo facer,
porque nos representou no mundo cunha calidade indubidable,
porque foi un home polifacético que fixo unha grande achega á arte e á cultura, pero tamén á bonhomía.
Por ser un referente".
![]() |
Centro de Bolboretas (Cerámica da Ulla) |
![]() |
Centro de Bolboretas (Cerámica da Ulla) |
Bolboretas nun centro de mesa.
ResponderEliminarUnha peza que forme parte do enxoval, que acapare as miradas, igual que as de Sargadelos do tempo no que Isaac estaba á fronte.
Tres bolboretas delicadas, estilizadas, nun baile de roda.