CARMEN LLONÍN BORDA A MEMORIA DE ISAAC
![]() |
Mans creadoras (autora: Carmen Llonín) |
Mans Creadoras é o título da obra que entrega a artista Carmen Llonín para conmemorar a efeméride do 22 de agosto: o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo.
Realizada en 2020, a peza coa que esta creadora realiza a súa particular homenaxe vén a ser unha fotografía estampada sobre lenzo intervida con bordados a man. As súas dimensións orixinais son 23 X 17 cm. Sobre esta obra a propia autora indica:
"Mans Creadoras, fai referencia ao talento manual e creativo de Isaac Díaz Pardo. Empreguei as típicas e sobradamente coñecidas cores de Sargadelos.
A obra foi realizada ex professo para a conmemoriación do centenario deste grande artista e empresario".
Magnífico, Carmen!
ResponderEliminarEse branco e negro da fotografía que acariña a delicadeza do bordado on esas cores que xa son bandeira.
Mans creadoras de cretivas sen límite.
Grazas mil!
É só un anaco de todo o que se podería desenrrolar arredor da figura de Isaac e Sargadelos.
EliminarUnha fermosura de traballo e unha idea xenial... Agradecidos pola túa arte
ResponderEliminarAgradecida por participar nesta fermosa iniciativa e tamén polo teu comentario
ResponderEliminarFermosura!!!
ResponderEliminar