COA MANDA BALDO RAMOS PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Morre o paxaro no aire
(autor: Baldo Ramos)
Dentro do panorama cultural galego, Baldo Ramos destaca por ser un autor polifacético que tanto aborda a pintura como a escrita, pero dende unha liña experimental. Velaí que procure que sexan visíbeis as interferencias entre a literatura e a plástica. É autor de diversas obras poéticas, mais dentro do eido da ilustración realiza estampas para libros de diversas escritoras e escritores galegos.

Neste ano 2020 elabora a obra que aquí se reproduce e so pretexto de conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo. Morre o paxaro no aire é o título desta tinta sobre papel que, no seu orixinal, ten unhas dimensións de 80 X 100 cm (en ancho e alto, respectivamente).

Ao respecto da composición, o autor sinala:

"Esta peza quere dialogar co incansable traballo de editor que Isaac Díaz Pardo levou a cabo ao longo de toda a súa vida profesional. O vermello nos libros de todos os editores de vangarda, entre os que hai que situar o fundador das Edicións do Castro,  foi sempre un distintivo que pretendo evocar neste libro de exemplar único".

Comentarios

  1. Unha imaxe fermosísima e un texto tan ben acaido... que dá verdadeiro gusto. Mil grazas

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños

Loli Suárez e un café con Isaac

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!